Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Anisia Miranda

Unha das voces máis tenras da nosa literatura infantil, Anisia Miranda, deixounos o xoves 22 de outubro. Todos os que lemos os seus Mitos e lendas da vella Grecia,  a súa Pardela amiga, Os contos do Compay Grilo, A casa dos títeres, as Cantarolas e os contos prá xente miúda... sentímonos un chisco orfos. Tamén todos aqueles que puidemos compartir con ela o amor pola lectura, pola lingua e polas dúas queridas patrias, a cubana e a galega.

Anisia sempre tivo moi presente o punto de vista dos nenos e das nenas, polo que sempre escribiu pensando neles. En Cuba, exercendo a súa profesión de xornalista, foi cofundadora e xefa de redacción das revistas infantís Zunzún e Bijirita, revistas pensadas para os máis pequenos.

Cando se instalaron en Galicia, en Gres, a parroquia natal do seu compañeiro de vida Xosé Neira Vilas, xuntos crearon o Premio Estornela de teatro e  o Premio Arume de poesía para nenos e nenas, premios convocados desde o ano 2000 pola Fundación Neira Vilas, da cal era vicepresidenta.

Animádevos a ler a súa obra e poderedes seguir dialogando con ela!

Anisia, boa viaxe e moitos bicos con mel!



page | by Dr. Radut