Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Complementarias e extraescolares

Próximas actividades

Actividades programadas para o curso 2019/20

As actividades cun asterisco son propostas novas que non constan no Plan anual de actividades complementarias e extraescolares.

Lingua Galega

4 de febreiro

Todos

Toda a xornada

Visita teatralizada á Casa Museo de Rosalía de Castro

Padrón

Coa compañía de teatro Os Quinquilláns

AACCEE

21 de febreiro

Todos

3 últimas sesións

Entroido

Patio

Premios para os mellores disfraces

Lingua Galega

EDLG

28 de febreiro

Todos

1 hora

Día da Poesía

Instituto

 

Lingua Galega

4 de marzo

Todos

5ª e 6ª horas

Xincana da Igualdade

Instituto

 

AACCEE

26-30 de marzo

5 días - 4 noites

Excursión de fin de curso

Amsterdam

Pódense realizar outras actividades para contribuír ao financiamento da viaxe de fin de curso (partido de fútbol, festivais...)

Orientación

Marzo

2 horas

Taller sobre Imaxe corporal e autoestima

Instituto

Imparte: Quérote +

Orientación

Marzo

1 hora

Charla do Programa A Ponte sobre a USC

Instituto

Imparte: profesor/a do Programa A Ponte

Física e Química

2ª avaliación

2º e 4º

 

Celebración do día da Muller e a Nena na Ciencia

Instituto, na aula

 

Orientación

2ª avaliación

1º e 2º

3 horas

Taller sobre habilidades sociais

Instituto

Imparte: Cruz Vermella

Bioloxía

2ª avaliación

2 horas

Aproximación á biodiversidade e xeodiversidade galegas

Museo de historia natural Luís Iglesias (Santiago de Compostela)

Combinado con outra visita a Compostela

Relixión

2ª avaliación

3º (talvez 2º)

2 días

Visita da ruta dos mosteiros na Ribeira Sacra

Ribeira Sacra

 

Xeografía e Historia

EPVeA

2ª avaliación

3 horas

Visita a unha exposición no Museo de Belas Artes da Coruña (As mulleres no museo ou Os gravados de Goya)

A Coruña

 

Francés

2ª ou 3ª avaliación

Alumnado de Francés

3

Sesión de cine francés

Cee

Só se se estrea un film francés

Física e Química

3ª avaliación

3 horas

Visita ao centro de interpretación da electricidade do Ézaro

O Ézaro

 

AACCEE

21 de xuño

Todos

Toda a mañá

Festival fin de curso

Instituto

 

Francés

2ª ou 3ª avaliacións

IT de 2º

2 horas

Visita á Axencia de Lectura Municipal

Biblioteca do concello

 

Biblioteca

Todo o ano

Todos

-

Exposicións monográficas

Instituto

 

Biblioteca

2ª avaliación

3º e 4º

2 horas

Encontros literarios do MCD

Instituto

13 de febreiro, 12 de marzo ou 16 de abril

As xornadas culturais terán lugar entre o martes 19 e o venres 22 de maio

Actividades xa realizadas

AACCEE

8 de novembro

Todos

3 últimas sesións

Magosto

Instituto

Xogos populares, música ao vivo e pitcher

Orientación

18 de novembro

1º e 2º

De 8:40 a 9:30

Prevención da violencia de xénero

Instituto

Imparte: CIM de Muros

Orientación

19 de novembro

3º e 4º

De 8:40 a 10:20

Prevención da violencia de xénero

Instituto

Imparte: CIM de Muros

Lingua Galega e

Orientación

 

25 de novembro

 

Todos

Recreo

Charla da asociación feminista de Carnota Sonlilá

Instituto

 

Bioloxía

26 de novembro

2 horas

Charla e busca micolóxicas

Instituto e arredores

 

Orientación

28 nov

3º e 4º

9:30 e 14: 10

Visita a ASPADEX

Vilar de Toba

 

Orientación

28 de novembro

1º e 2º

9:30 e 11: 10

Visibilización da discapacidade

Instituto

Integrantes da Unidade de Atención Especial

AACCEE

16 de decembro

Todos

14:10 -18 h

Comida de convivencia

Ximnasio

Comida e competicións deportivas ao remate da mesma

Relixión

18 de decembro

Todos

Xornada completa

Visita de exposicións no tempo de Nadal e ver unha película no cine

Cee (película) e Corcubión (Belén)

 

Orientación e

Bioloxía e Xeoloxía

19 de decembro

3º e 4º

De 9:30 a 11:10

Charla sobre Prevención do consumo de alcohol e outras sustancias

Instituto

Imparte: Asociación Vieiro

Orientación e

Bioloxía e Xeoloxía

19 de decembro

1º e 2º

De 11:40 a 12:30

Charla sobre novas tecnoloxías

Instituto

Imparte: Asociación Vieiro

Club de ciencia

23 de xaneiro

3º e 4º

Toda a xornada

e a tarde

Visita aos Museos Científicos Coruñeses

A Coruña

 

Magosto

Celebraremos o magosto o venres 8 de novembro a partir das 11:40.

I'll be watching you (hei estar vixiándote)

O pasado xoves 17 de xaneiro todo o alumnado asistiu a un espectáculo-concerto dado pola «Orquestra Chévere» no Concello de Carnota coa representación da Obra I'll be watching you (hei estar vixiándote).

Dita actividade foi concedida pola Secretaría Xeral da Igualdade para a prevención da violencia de xénero.

Viaxe de fin de etapa do curso 2016/17

A viaxe de fin de etapa do alumnado de 4° de ESO será este ano a Ámsterdam. Visitarán a cidade holandesa entre o 20 e o 24 de abril.

DATOS DE INTERESE:

Axencia de viaxes: Viajes Embajador, Rúa Picavia, 1 Baixo, 15004 - A Coruña

Profesores acompañantes: Modesto Fontán e José Carlos Hernández

Teléfono dos profesores acompañantes: 675849263

Hotel: A&O Amsterdam Zuidoost - Teléfono +31202589100

Regreso: Chegada a Santiago de Compostela sobre as 18:20 h do luns 24 de abril. Chegada a Carnota no bus do concello: 20:00 h aprox.

XORNADAS CULTURAIS - LETRAS GALEGAS

Como cada ano, celebramos no centro as "Xornadas Culturais". Aquí vos deixamos todo o que fixemos:

PROGRAMA

Viaxe a Roma, febreiro de 2016

Alumnado:

3º de ESO

Datas:

8-12 de febreiro

Esta actividade realízase compartíndoa co IES Urbano Lugrís da Coruña.

Co itinerario pedagóxico por Roma preténdese que o alumnado aprenda a valorar a xeografía, historia, arte, costumes e a lingua desta cidade. Ademais, o feito de compartir a viaxe con outro instituto considérase unha boa oportunidade para o alumnado de coñecer xente nova coa que de seguro compartirán gustos e afeccións.

No marco dos contidos, faise un percorrido por Roma ao tempo que se ofrecen características concretas co obxectivo de que a viaxe proporcione aos alumnos/as coñecementos de diversos campos culturais (visita aos museos vaticanos, visita guiada das catacumbas de San Sebastián e da Roma barroca, Coliseo...). Os percorridos elixidos, cremos, son útiles e moi atractivos para os rapaces e rapazas.

Desde o punto de vista do alumnado intentamos que as actividades sexan enriquecedoras, tanto no aspecto individual como no social.

Desexamos que a posibilidade de coñecer outros territorios os leve a descubrir novos espazos culturais, realidades sociolingüísticas diferentes, aspectos xeográficos distintos e, en xeral, sexa unha experiencia positiva.

DATOS DE INTERESE

AXENCIA DE VIAXES

Halcón Viajes R/FEDERICO TAPIA 13 - A Coruña

TLF: 981 22 86 09 email: gruposzonanorte@halcon-viajes.es

HORARIO DO VOO

08/02/16 (Luns)

A CORUÑA 09:20 - 10:40 MADRID

MADRID 12:05 - 14:30 ROMA

12/02/16 (Venres)

ROMA 12:00 - 14:35 MADRID

MADRID 15:40 - 16:55 CORUÑA

COMPAÑÍA: Iberia

PROFESORADO ACOMPAÑANTE

Mª Josefa Rodríguez Malvárez máis dous profesores do IES Urbano Lugrís.

HOTEL

Hotel Porta Maggiore***

TAXAS e FIANZA

As taxas de aloxamento na cidade de Roma (4 euros por persoa e noite) non están incluídas no prezo da viaxe e deberán pagalos no hotel.
Os hoteis cobran unha fianza de 10/20 euros por persoa (non concretaron o prezo exacto), que se devolverá o último día sempre e cando se respectasen as normas do hotel e se coidasen as instalacións do mesmo.

CEAS

As 4 ceas (1º prato, 2º prato, sobremesa e auga) están reservadas ás 21:00 horas no restaurante La famiglia na zona de Termini.

AUTOBÚS TRASLADO CARNOTA/AEROPORTO – AEROPORTO/CARNOTA

Autos Comparado (Opcional)
No caso de realizar os traslados en autobús o horario sería o seguinte:

  • Saída da praza do concello de Carnota as 6:00h – Chegada aproximada ó aeroporto 7:30 h
  • Saída do aeroporto 17:15 h aprox.- Chegada á praza do concello de Carnota ás 18:45 aprox.

En caso de querer realizar os traslados sen autobús todos os alumnos deben de estar no aeroporto ás 7:30 h. É moi importante ser puntuais.

AVISOS DE INTERESE

  • A maleta que se factura debe de ter un peso máximo de 23 kg. Poden levar ademais un bolso ou mochila pequena (recomendable para as visitas pola cidade), que non se facturará. Neste bolso de man, que non pode exceder as seguintes medidas e peso: 55x40x20 cm, está prohibido levar líquidos ou cremas que superen os 100 ml, e obxectos punzantes… (Son as normas do aeroporto).
  • Se algún alumno ou alumna necesita tratamento médico NON ESQUECER LEVAR A CANTIDADE NECESARIA DE MEDICAMENTO. (Deberíase levar unha pequena cantidade do medicamento que se precise no bolso de man, salvo líquidos que sobrepasen os 100 ml que deben ir na maleta que se factura).
  • Avisar se presentan algunha alerxia ou problema particular (por exemplo-intolerancia a alimentos, para poder avisar no restaurante con tempo)
  • Levar roupa e calzado cómodo e algo de comida (chocolates, galletas, froitos secos, patacas fritas etc.) para o primeiro día, xa que a hora de chegada a Roma está prevista para as 14:30 horas.

DOCUMENTOS E OBXECTOS NECESARIOS

  • DNI en vigor

  • Pasaporte en vigor

  • Tarxeta sanitaria europea

  • Autorización da Garda Civil

NORMAS DA VIAXE

Tal e como está establecido nas Normas de Organización e Funcionamento do Centro:

  1. O alumnado mostrará especial coidado en non producir danos no hotel, nos medios de transporte que se usen e nos museos, atraccións e demais lugares que se visiten. Sirva de exemplo que na visita guiada á Roma barroca entregaráselle ós alumnos uns auriculares que deben devolver ó final da mesma. En caso de non devolvelos ou de rompelos por un mal uso terán que abonar 100 euros por cada un.
  2. Deberán seguir en todo momento as instrucións dos profesores acompañantes – dos tres profesores, non unicamente da profesora deste centro-, condutores e responsables das instalacións e edificios que se usen.
  3. Terán especial coidado en respectar as horas de saída e entrada nas visitas e chegarán con puntualidade ós lugares de reunión.
  4. Non deixarán o grupo baixo ningún pretexto. Non se aceptará a escusa de ter un teléfono móbil. O grupo debe funcionar como tal, polo que as individualidades non están ben vistas.
  5. Mostrarán un trato respectuoso cara todas as persoas coas que se relacionen durante a viaxe.
  6. Respectarán as horas establecidas para retirarse a durmir, así como o sono dos turistas e demais compañeiros
  7. Queda totalmente prohibida a entrada de xente allea á excursión nos cuartos.
  8. Nas visitas absteranse de usar o móbil, que terá que estar apagado ou en silencio.
  9. Absteranse de inxerir bebidas alcohólicas, drogas e de fumar.
  10. No caso de repatriación do/a alumno/a debido a causas de forza maior os profesores acompañantes terán a obriga de acompañar a este (como mínimo) ata o medio de transporte que o leve de volta a España, sendo responsabilidade dos pais recollelo no punto de destino.

PROGRAMA DA VIAXE

  • LUNS 08/02: A CORUÑA-MADRID-ROMA

Encontro no aeroporto da Coruña á hora acordada. Trámites de facturación e embarque. Saída do voo a Roma vía Madrid. Traslado dende o aeroporto ó hotel. Distribución de habitacións. Pola tarde, panorámica de Roma en autobús privado con guía oficial. Cea no restaurante e aloxamento.

  • MARTES 09/02: ROMA

Almorzo no hotel. Encontro co guía oficial ás 9:30 h na praza Barberini para realizar o percorrido da Roma Barroca (Piazza de España, “Fontana di Trevi”, Panteón, Piazza Navona coa Fuente dos Catro Ríos de Bernini.). Tarde libre para realizar visitas culturais. Cea no restaurante e aloxamento no hotel.

  • MÉRCORES 10/02: ROMA

Almorzo no hotel. Ás 10.00 h o grupo asistirá á Audiencia Papal na Praza de San Pedro e ás 12.00h visita dos Museos Vaticanos sen facer cola. Tarde libre para realizar visitas culturais. Cea no restaurante e aloxamento.

  • XOVES 11/02: ROMA

Almorzo no hotel. Pola mañá visita do Coliseo e Foro Romano. Pola tarde (16 h) visita das Catacumbas de San Sebastián. Cea en restaurante e aloxamento.

  • VENRES 12/02: ROMA-MADRID-A CORUÑA

Almorzo no hotel. Á hora acordada traslado ó aeropuerto de Roma. Trámites de facturación e embarque. Saída do voo de regreso á Coruña vía Madrid. Chegada ó aeroporto de Alvedro.

Presentación da BD A Torre dos Mouros

 

O venres 30 de novembro de 2012 tivemos no instituto a presentación do proxecto Torre dos Mouros e tamén da Banda Deseñada A Torre dos Mouros realizada polo ilustrador Manel Cráneo.

Na presentación estivo o Concelleiro de Cultura de Carnota, Iván Franco, o arqueólogo Antón Malde e o ilustrador Manel Cráneo que explicaron como xurdiu o proxecto, como foi evolucionando e como agora aparece plasmado nesta banda deseñada que nos regalaron a cada un de nós.  Graciñas a todos por comezar as presentacións no noso centro! Pola tarde tamén se fixo unha presentación no Concello e aquí tedes a información na prensa.

Visita de César Cambeiro

Durante as Xornadas Culturais tivemos a visita de César Cambeiro, coñecido actor carnotán a quen lle agradecemos a súa colaboración co noso centro.

Se queredes saber algo máis del, aquí vos deixamos esta pequena presentación:

Xornadas culturais 2012 e Día das Letras

As xornadas culturais deste ano realízanse os tres días da Semana das Letras: luns 14, martes 15 e mércores 16 (o venres 18 é non lectivo para o Lamas de Castelo). O programa é moi intenso e ocupa o horario completo destes tres días.

Cada grupo terá actividades distintas. O programa de cada un deles é o seguinte:

Concerto e teatro para a excursión de fin de etapa

Teatro concerto - 7 de marzo de 2012O 7 de marzo, e coa colaboración da Escola Municipal de Música do Concello de Carnota, celébrase un espectáculo que inclúe actuacións musicais e teatro a beneficio da excursión a Londres do alumnado de 4º.

O prezo da entrada é de 3 euros (os cativos de menos de doce anos de balde) e haberá tamén sorteos.

Distribuir contido


by Dr. Radut