31 de outubro e 2 de novembro 2023: Novembro de medo na biblioteca
Nos recreos destes 2 días, nunha biblioteca especialmente ambientada para a ocasión, aproveitamos para contar lendas de tradición oral da nosa contorna, contos e anécdotas de medo. Expuxo alumnado de 4º ESO.
Día das Bibliotecas 2023
Outubro 2022: volve o Novembro de medo á nosa biblioteca!!
Facer clic na imaxe para lanzar o vídeo!
Que fas, que non les para pasar medo???
Velaquí unha selección de títulos de entre as novidades da nosa biblioteca, pensados para ter arrepíos mentres estades a ler!
Lecturas
para
todos
os
gustos
|
Contos para nenos peculiares, de Ransom Riggs.
Ed. Sushi Books, 2018. (Ler un extracto)
|
Historias de miedo para contar en la oscuridad,
de Alvin Schwartz e ilustrado por Brett Helquist.
Ed. Océano; col. Gran travesía, 2017. (Reseña)
|
Five Nights at Freddy's,
de Scott Cawthon e Kira Breed-Wrisley
Roca Editorial, 2017 (Sinopse)
|
Contos do Sacaúntos
Romasanta e as mulleres.
VVAA; Ed. Fundación Vicente Risco, 2018
|
Un terror de auga fría : Escolma da poesía galega do medo
(Escolma de Xosé María Álvarez Cáccamo). Contos Estraños Editora, 2021. (Web da editorial)
|
Banda
deseñada
|
Frankenstein, de Junji Ito. ECC ediciones, 2020
(Web da editorial)
|
Relatos terrorificos-2
Autor: Junji Ito
ECC Ediciones, 2016
(Reseña)
|
Drácula, de Bram Stoker. Adaptado e ilustrado por Virginia Niouhei.
Col. Clásicos Manga.
Norma editorial, 2020
|
Historias de Edgar Allan Poe, adaptado por Stacy King e ilustrado por Crystal S. Chan.
Col. Clásicos Manga.
Norma editorial, 2018
|
El Horla, de Guy de Maupassant, adaptado e ilustrado por Guillaume Sorel.
Ed. Ponent Mon, 2017
(Reseña)
|
10 Outubro: Día Mundial da Saúde mental
Nesta data, traballamos a importancia de ter en conta a saúde mental nas aulas de Educación en Valores Cívicos e Éticos de 3º e Valores Éticos de 4º. Tamén organizamos unha micro-exposición da Biblioteca Escolar cos carteis informativos elaborados no corredor, e cunha selección de libros informativos e de ficción que xiran arredor deste tema tan importante.
Esta introdución está sacada dunha páxina oficial do SERGAS... Non fai falla ir moi lonxe para atopar información pertinente e interesante!!
|
Obra artística relacionada coa Saúde Mental publicada para a campaña "Art4Good".Obra de Shruti Dubey -CC BY-SA 4.0
https://paintyourblues.com/guidelines/
|
FACER DA SAÚDE MENTAL E O BENESTAR PARA TODOS UNHA PRIORIDADE MUNDIAL
"A pandemia de COVID-19 creou unha crise mundial para a saúde mental, alimentando o estrés a curto e longo prazo e socavando a saúde mental de millóns de persoas.
As crecentes desigualdades sociais e económicas, os conflitos prolongados, a violencia e as emerxencias de saúde pública afectan a poboacións enteiras, ameazando o progreso cara a un mellor benestar. Debemos fortalecer a atención da saúde mental para que se satisfaga todo o espectro de necesidades de saúde mental a través dunha rede comunitaria de servizos e apoios accesibles, alcanzables e de calidade.
O estigma e a discriminación seguen sendo un obstáculo para a inclusión social e o acceso á atención adecuada; É importante destacar que todos podemos desempeñar o noso papel no aumento da conciencia sobre que intervencións preventivas de saúde mental funcionan e o Día Mundial da Saúde Mental é unha oportunidade para facelo colectivamente."
|
Outras páxinas web con boa información:
Día das Escritoras 2020
A Biblioteca Nacional de España celebra a quinta edición do Día das Escritoras, unha iniciativa que a BNE organiza en colaboración coa Federación Española de Mulleres Directivas, Ejecutivas, Profesionales e Empresarias (FEDEPE) y coa Asociación Clásicas e Modernas co obxectivo de reivindicar a labor e o legado das escritoras ao longo da historia.
Este ano celebramos por vez primeira no noso centro o Día das Escritoras, que será o vindeiro luns 19 de outubro. Unímonos así á iniciativa da BNE e secundada polas Bibliotecas Escolares galegas, preparando para a ocasión unha serie de textos de escritoras diversas que serán lidos e traballados dende varias materias e departamentos didácticos.
Nesta quinta edición, o tema elixido é O esforzo cotián das mulleres, e nalgunha das actividades preparadas dende o Equipo de Biblioteca, ceñímonos máis estreitamente a esta temática, aínda que noutras, por necesidades de axustarnos aos temarios das materias, demos preferencia ao coñecemento a través da lectura das escritoras propostas. Velaquí a lista das nosas homenaxeadas:
Do Día das Escritoras ao Día das Bibliotecas (24 outubro)
– O peso da representación feminina nos libros
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
Fonte: Asesoría de Bibliotecas Escolares, 24 de outubro, Día das Bibliotecas, de todas as bibliotecas.
Este ano, dende o Equipo de Biblioteca do noso centro, imos continuar a celebración da figura da muller no mundo do libro, estendendo o Día das Escritoras ata a semana do 24 de outubro, Día das Bibliotecas, fusionando coñecemento da biblioteca escolar, formación de usuarios e toma de conciencia do papel das escritoras nela.
Para iso, e dende as materias de ITI e V. Éticos, estamos a facer o reconto pormenorizado de todos os fondos da nosa biblioteca, (ver ficha) desglosando entre autores (homes) e autoras (mulleres), coa fin de obter unhas estatísticas dos materiais dos nosos andeis que se poderán contrastar coas do Ministerio de Cultura e Deporte (Estadística de la Edición Española de Libros con ISBN), para afondar na nosa análise e reflexión sobre a representación feminina na nosa biblioteca. (E, por extensión, no mundo do libro e da cultura, en xeral).
Animamos dende esta perspectiva á revisión das porcentaxes de escritores e escritoras dos listados de lecturas das materias de LC, LG e LF coas xefas de departamento, e... podemos asegurar que o abismo presentouse claro, en maior ou menor medida. De ahí a tomar cartas no asunto, todo vai unido... polo que continuaremos ao longo de todo o curso visualizando ás escritoras, e levando a cabo (a situación así o esixe) unha política de discriminación positiva, a fin de reequilibrar un pouco a balanza.