Actividades de formación en linguas estranxeiras 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2017.

O prazo estará aberto do 28 de febreiro ata o 27 de marzo. Dita convocatoria está regulada pola Orde de 2 de febreiro 2017 e explicada no cartel anunciador da xunta.Para calquera información acudir a páxina web https://www.edu.xunta.es/axudasle/ desde donde podedes tramitar a vosa solicitude ou ben imprimir a solicitude.

Orde 2 de febreiro de 2017

Cartel anunciador das actividades

 

"Manequin Challenge" polo Día de Rosalía

#RosaliaTe no IES Laxeiro     #24defebreiro     #sempreRosalía

Un ano máis, dende a biblioteca do IES Laxeiro quixemos colaborar coa iniciativa da AELG conmemorando o Día de Rosalía; propuñan realizar un "Manequin Challenge" que representase un dos seus poemas. Nós escollemos "A xustiza pola man" e este é o resultado:

 

Acción formativa no IES Laxeiro dirixida prioritariamente a desempregados

O IES Laxeiro amplia a súa oferta educativa ofrecendo cursos formativos dirixidos prioritariamente a desempregados, a través dun convenio de colaboración entre as Consellarías de Economía,Industria e Emprego e a de Educación e Cultura. Dentro desa oferta, que se irá ampliando no futuro , o primeiro curso que sa vai implantar é o de "Mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos", dentro da familia de automoción. 

A inscrición no curso deberase facer na Oficina de Emprego de Lalín e ten o seguinte prazo:  9 a 23 de febreiro.

As caracterísiticas do curso: duración, programa formativo, calendario de desenvolvemento, requisitos de acceso e demais datos podedes consultalo no arquivo adxunto, así como o certificado de profesionalidade obtido. Para máis información podedes acudir tanto a Oficina de Emprego coma a Dirección do IES Laxeiro, onde teredes cumprida información desta oferta formativa.

Acción formativa para desempregados

Certificado de profesionalidade obtido

Alumnado de 3º ESO - Titores do Programa TEI (Titoría Entre Iguais).

Aquí temos ao noso alumnado Diplomados para o Programa TEI (Titoría Entre Iguais).

 TEI 1

 

TEI 2 

 

Novo sorteo da cesta de nadal

O número agraciado no 2º sorteo da cesta de nadal é : 4736

De novo hai un mes para presentar o xustificante de gañador

Número agraciado no sorteo da cesta de nadal do IES Laxeiro

O número 1835 resultou ser o afortunado no sorteo da cesta de nadal 2016 do IES Laxeiro, celebrado o día 21 de decembro no salón de actos do IES Laxeiro. O gañador terá un mes de prazo para recoller o premio.

Número agraciado no sorteo da cesta de nadal do IES Laxeiro

O IES Laxeiro contra a violencia de xénero, un ano máis

O centro desprega a súa maquinaria igualitaria este 25 de novembro, aínda que non só, xa que todo o ano programa unha serie de actividades que poñen o foco na igualdade do home e da muller, tendo en conta que a nosa adolescencia construirá a sociedade do futuro. Un futuro que só pode ser mellor se os mozos e mozas que poboan as nosas aulas cren nun mundo igualitario e solidario. De aí que durante todo o ano diferentes organizacións e ONG paseen polos nosos corredores lembrando a todo o alumnado a importancia da construción social igualitaria.

Esta semana, a actividade do 25N céntrase nos seguintes aspectos:

.- Exposición de libros pola Igualdade baixo o cartel “Para que non exista a violencia debe existir a igualdade”

.- A primeira hora da mañá, para todo o centro, o alumnado de 4º ESO –C realizará unha performance que pon a ollada máis directa sobre o problema do control na adolescencia. Control das redes sociais e control do xeito de vestir, a performance é unha metáfora do que están a vivir unha parte de mozas e mozos na nosa sociedade actual.

.- Lectura de relatos e poemas en contra da violencia de xénero.

.- A segunda hora da mañá o alumnado de 1º de ESO realizará unha plantación de flores violetas en lembranza das mulleres asasinadas este ano 2016.

.- Durante os recreos, e no salón de actos, toda comunidade educativa está convidada a deixar a súa repulsa persoal contra esta lacra social.

.- “Homes pola igualdade”: fotografías de homes con diferentes lemas que apostan pola igualdade.

.- Ás 12, o alumnado de 4º de ESO estará no concello participando activamente na denuncia da violencia

.- O sábado 26 o alumnado dos clubs de lectura de 4º ESO e 1º Bacharelato serán contacontos de lecturas pola igualdade no Pontiñas.

Renovación parcial Consello Escolar 2016

 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

Segundo a resolución do 26 de setembro do 2016 (DOG 4 de outubro), pola que se establece o calendario para a celebración de elección de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, iníciase o proceso co seguinte calendario:

VENRES, 28 DE OUTUBRO :

Publicación dos censos electorais

MÉRCORES, 02 DE NOVEMBRO:

Sorteo público no SALÓN DE ACTOS, no 2º recreo (12.35 horas) para a composición da Xunta Electoral (2).

 NOTAS INFORMATIVAS:

(1)- Artigo 40 do Decreto 324/1996 do 26 de Xullo (DOG 9 Agosto) e o punto 1 da disposición adicional terceira do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG  26 de xaneiro) “... dous anos despois, substituiranse os membros non expresados na renovación parcial anterior, neste caso: cinco profesores/as (unha praza de substitución), catro alumnos/as( dúas prazas de substitución) e dous pais ou nais de alumnos/as matriculados/as no centro. (unha de substitución e un/ha representante ANPA), un representante do Persoal de Administración e Servizos.

(2)- A Xunta Electoral, encargada de organizar o procedemento de elección, está formada polo Director do centro, un profesor/a, un pai/nai, un/ha alumno/a e un/ha representante do persoal non docente.

Comunicación aos/ás pais/nais de alumnos/as

Calendario do proceso electoral

Información profesorado

Información alumnado

Información Pais/Nais

Información PAS

Candidatura profesorado

Candidatura alumnado

Candidatura pais/nais

Candidatura PAS

 

Desde Kuopio ata Lalín

Intercambio con Finlandia

Do 14 ao 19 de outubro, dezaoito rapaces e rapazas finesas visitaron o IES Laxeiro. A visita corresponde á realizada polos alumnos e alumnas do IES Laxeiro á Jynkänlahden koulu, a súa escola, no mes de abril, dentro dun programa de intercambio coa cidade finesa de Kuopio.  Estes alumnos, acompañados por dúas profesoras, foron acollidos por familias lalinenses e participaron na vida escolar do centro así como da convivencia familiar e vida social da nosa vila.

O programa incluíu unha visita institucional ao concello así como a lugares emblemáticos da vila e da comarca como o museo Ramón Mª Aller, o Pazo de Liñares e museo da Marioneta, o mosteiro de Carboeiro ou a fervenza do Toxa.  Igualmente,  Santiago de Compostela  e o pazo de Oca foron outras das visitas realizadas dentro do programa deste primeiro intercambio con Finlandia.

Altamente satisfactoria e enriquecedora foi esta experiencia, que terá a súa continuación no presente curso escolar cando, no segundo trimestre, un grupo de estudantes do IES Laxeiro viaxe ata Kuopio para visitar a Jynkänlahden koulu.

 La Voz de Galicia, Faro de Vigo

 

 

Distribuir contido