Un lugar para a esperanza

Manolo Rivas

Este é o texto que Manolo Rivas difundiu no seu "twitter" logo de nos visitar o 7 de novembro. Unha xornada especial a que vivimos ao seu carón, descubrindo unha xenerosidade falta de ego que encandilou tanto a alumnado como a profesorado.

Foi un día intenso no que non faltou a poesía, a del, nin a música, a nosa. descubrindo a placa que lembra que o noso Salón de Actos leva o seu nome e ao mesmo tempo dando por inaugurado oficialmente o curso escolar 2016-2017.

Queremos expresar o noso agradecemento, porque sabemos que vive a contrarreloxo, agasallándonos cun día enteiro.

No blogue da biblioteca tedes toda a información.

E na galería de fotos podedes velas todas!

Programa de Gratuidade de Libros de texto 2016-2017

Publicación das listaxes de adxudicación definitiva e complementaria dos libros de texto para os niveis de 1º ESO e 3º ESO para o curso 2016-2017

 

- Listaxe de adxudicación definitiva

- Listaxe de adxudicación complementaria

Actualizada a relación de LIBROS de TEXTO 2016-2017

Actualizada a relación de LIBROS de TEXTO 2016-2017 que se encontra nesta mesma páxina

Asignados os libros de GALEGO de 2º e 4º ESO e correxidos os ISBNs defectuosos

Aberto o prazo para cursar estudos de adultos tanto na ESA como Bacharelato no IES Laxeiro

Ata o 15 de setembro está aberto o prazo para inscribirse e matricularse en estudos de ESA e Bacharelato nas modalidades de Ciencias e Ciencias Sociais no IES Laxeiro de Lalín.

Os/as intersados/as poden acudir tanto a Xefatura de Estudos coma Secretaría e Dirección para informarse das diferentes ofertas que poden solicitar para o curso escolar 2016-2017.

Tanto a circular 4/2016 que regula o Bacharelato de adultos como a Circular 5/2016 que desenvolve a ESA explican o funcionamento destes estudos.

- Impreso de inscrición e matrícula na ESA

- Impreso de inscricción en Bacharelato

 

Relación de Libros de texto para o curso 16-17 no IES Laxeiro

Nos arquivos adxuntos aparece a relación de Libros de Texto para o curso 2016-2017. Calquer dúbida consulten na secretaría do centro.

-Relación de libros  ESO

-Relación de Libros de Bacharelato

-Relación de libros ce Ciclos F.P

-Relación de libros de Adulos

Quedaban pendentes para setembro as materias de L.Galega de 2º e 4º de ESO

Calendario de exames setembro 2016 no IES Laxeiro

Nos seguintes arquivos podedes consultar o calendario de exames de setembro , tanto na ESO coma Bacharelato, Adultos e FP Básica que van a ter lugar no IES Laxeiro os días 1, 2 e 5 de stembro.

1.- Calendario de exames da ESO e FP BÁSICA

2.- Calendario de exames de Bacharelato

3.- Calendario de exames de ADULTOS

Admisión ce Ciclos Medios e Superiores para o curso 2016-2017

Desde o luns, día 27 de xuño, ata o martes , día 5 de xullo, ás 13:00 horas, estará aberto o prazo para realizar a inscrición de admisión a ciclos medios e superiores para o curso 2016-2017. A Orde do 15 de xuño que regula este proceso de admisión sairá no DOG do vindeiro luns día 27. Os prazos para todo o proceso abranguen desde o día 27 de xuño ata o 7 de outubro.

Para calquer información podedes dirixirvos a páxina da xunta www.edu.xunta.es/fp ou nesta propia pweb www.ieslaxeiro.com, onde a partires do luns teredes o impresos de solicitude de admisión.

Clases sen fume 2015-16: DES-MÁRCA-TE DO TABACO

   

Pois sí! Como xa informaramos, 2º ESO C fora seleccionado para os premios do programa CLASES SEN FUME polo vídeo “Des-Marca-Te do tabaco” e o martes 14 o grupo acompañado do titor Manuel Busto e da coordinadora Ana Gulías, foi a Santiago.

Alí tivemos a sorte de compartir un bo rato cos compañeiros/as doutros centros (IES de Teis, IES Xulián Magariños de Negreira, IES Castroverde, Mercedarios de Verín, IES Otero Pedrayo de Ourense…. entre outros) e despois de moitos nervios descubrimos que ganaramos o 1º premio da categoría de actividade creativa, así como o premio de actividade innovadora para o titor.

Así que a finais de xuño desfrutaremos de 5 días no albergue xuvenil As Mariñas en Gandarío, nun campamento multiaventura.

Gracias aos docentes que colaboraron con nós, (Quiroga, Xosé Manuel…), felicitar a 1º B e 1º C que tamén concursaran e animarvos a todo o alumnado de 1º e 2º ESO do curso 2016-17 para que participedes.

Entrega de notas 2015-2016

 

LUNS, 27 DE XUÑO ÁS 10:00h.

Entregaranse na aula correspondente do grupo

Nota: Ese día xa non haberá transporte escolar

Novo número de teléfono do IES Laxeiro

Debido a certos cambios técnicos, foi instalada unha nova rede de telefonía que substituíu á anterior. Os novos números pasan a ser os seguintes:

  • Teléfono: 886151940
  • FAX: 886151953

 

Distribuir contido