Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Presentación Cansat LASA

Proxecto CanSat 2024

Este ano no Leiras estamos a participar no Proxecto CanSat: unha iniciativa da Axencia Espacial Europea que reta a estudantes de toda Europa a construír e lanzar un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco.

 Como indica o Proxecto, o desafío CanSat está deseñado para simular todos os aspectos dunha misión real de lanzamento dun satélite, incluído o seu deseño, desenvolvemento, posta a proba, lanzamento, funcionamento e análise de datos a través dun traballo en equipo. Todos os equipos deben cumprir unha misión primaria e unha misión secundaria.

 - Misión primaria: tras a liberación e durante o descenso, o CanSat debe medir temperatura do aire e presión atmosférica, e transmitir os datos obtidos por telemetría á estación en terra polo menos unha vez por segundo. Debe lograr unha aterraxe sen danos e analizar os datos obtidos e plasmalos en gráficas.

 - Misión secundaria: debe ser seleccionada polo equipo. Os equipos poden inspirarse en misións de satélites reais, recompilar datos científicos para un proxecto específico, facer unha demostración de tecnoloxía para un compoñente deseñado por estudantes, ou calquera outra misión que caiba dentro do CanSat e mostre as súas capacidades. Esta misión, está destinada a darlle un propósito ao CanSat.

 Contamos con dous equipos que están traballando arreo no proxecto e para os que pedivos todo o voso apoio:

 

- O equipo LASA constituído por: Martín, Diego, Samuel, Pablo, Uxío e Rubén. Alumnos de 1º de Bacharelato.

 

- O equipo Tecno-Leiras constituído por: Iria, David, Rolfy, Olmo e Adrián. Alumnos de 4º da ESO.

 

Animámosvos a todos e todas a que os sigades nas súas redes sociais:  

 

https://www.instagram.com/lasacansat/

 https://www.instagram.com/tecnoleiras/

 

Venres musicais - San Valentín (16-02-2024)

Programa de dedicatorias co motivo do namoramento.

Dirección: María
Locutores: Mateo e Xabi
Control: Xabi

11F: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2024

Este ano co motivo do 11 de febreiro, data na que a ONU enmarcou esta efeméride, desde o Equipo de Igualdade e Diversidade do IES Leiras Pulpeiro puxemos en marcha varias actividades e propostas de participación para o noso alumnado.

Por unha parte démoslle continuidade a iniciativa que arrancou o ano pasado a profesora Noemí Vázquez que consiste na elaboración de currículums de mulleres científicas por parte do noso alumnado desde diferentes materias, así como o photocall que de forma voluntaria tanto eles como elas, caracterizadas da científica escollida, brindan unha homenaxe ao traballo desa muller. Non podemos estar máis contentas co resultado, e aquí unha mostra que tamén se pode ver no corredor da planta baixa do centro.

Por outra banda e uníndonos ás actividades en colaboración con diferentes universidades para dar visibilidade a mulleres na ciencia, tivemos a Lourdes Lorenzo García, directora do Departamento de Tradución e Lingüística e Coordinadora de prácticas da Facultade de Filoloxía e Tradución, da Universidade de Vigo. A charla foi dirixida ao alumnado de 4ºESO e foi unha sesión de concienciación sobre a importancia da inclusión a partir das tecnoloxías da fala como a subtitulación para persoas xordas, audiodescrición para persoas cegas e adaptación á lectura fácil para persoas con discapacidade intelectual, e así achegar un traballo no que conflúe o coñecemento humanístico e o científico por mulleres, na súa gran maioría.

 

 

 

Novo Instagram Igualdade

Xa temos instagram do Equipo de Igualdade e Diversidade do IES Leiras Pulpeiro: @igualeiras

 

 

Entroido 2024

Contacontos

Dentro das actividades programadas na materia de Oratoria de 3º da ESO destaca o Contacontos que tivo lugar o no noso Salón de Actos o pasado 6 de febreiro. Sobre todo pola asistencia, un público moi especial: O alumnado de 2º de primaria do CEIP Casás.

Esta actividade terá continuidade na celebración do Día da Radio. Desde os dous centros estamos a organizar a gravación dun podcast que xuntará de novo ao alumnado dos dous centros veciños. E que veñan moitas máis!

Venres musicais - Febreiro (02-02-2024)

Programa dedicado a ese mes tan denostado, ignorado, humillado, ata que é bisiesto e entón fálase del.

Dirección: José Manuel
Locutores: Jose & Xabi
Control: Xabi

Venres musicais - Días da semana (26-01-2024)

Programa dedicado á interpretación que se fai dos días da semana, dende o triste luns ata o preguizoso domingo.

Dirección: Xabi & Jose
Locutores: Xabi & Jose
Control: Xabi

Concurso Lucus Intercentros

O venres 18 de xaneiro tivo lugar unha nova edición do Concurso Lucus Intercentros, unha iniciativa do alumnado e profesorado da familia profesional de Administración e Xestión do IES Muralla Romana, que cada ano convoca a 3 representantes de cada un dos institutos públicos da cidade de Lugo para participar nun xogo de preguntas e respostas sobre contidos da ESO, cultura xeral e actualidade.

Nesta ocasión, o noso centro presentou un equipo dun grande nivel formado por Martín Casanova, Rita López e Uxío Pita que so a mala sorte impediu, pola mínima, a súa presenza en semifinais. Agradecémoslle no nome de todos/as o seu esforzo e ilusión en representarnos.

Agradecemos tamén a organización todo o traballo e a excelente acollida recibida e felicitamos o conxunto anfitrión que resultou ser o campión desta edición.

Podes ver unha reportaxe do evento premendo aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut