Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Venres musicais - Top éxitos 2023 (19-12-2023)

Programa dedicado ás cancións máis escoitadas do ano 2023. Realizado polo alumnado de Proxecto Competencial de 1ºESO.

Dirección: María
Locutores: Nahia, Naiara, Nicolás, Erik, Aitor.
Control: Xabi

Venres musicais - Grandes éxitos do pop dos 80 (15-12-2023)

Programa dedicado á morriña do pop dos anos 80. Realizado na materia de proxecto competencial de 1ºESO.

Dirección:  María
Locutores: Julia, Mayra, Tiago, Mario (1ºESO C e D)
Control: Xabi

Venres musicais - Cancións de amor actuais (13-12-2023)

Programa dedicado ás cancións de amor que se escoitan na actualidade. Realizado na materia de Proxecto Competencial de 1º ESO.

Dirección: María
Locutores: Miguel, Ángel, Anair, Mari Carmen (1ºESO A-B)
Control: Xabi

Venres musicais - Música Latina (13-12-2023)

Programa dedicado á música latina. Traballo de Proxecto Competencial de 1ºESO.

Dirección: María
Locutores: Elías, Tatiana, Mateo (1ºESO A-B)

 

Feira de Nadal 2023

Como en anos anteriores, imos despedir o primeiro trimestre do curso coa nosa Feira de Nadal, desta volta con máis actividades que nunca.

Terá lugar o xoves 21 de decembro ás 11:30h, momento en que cambiaremos a actividade lectiva ordinaria polas correspondentes á Feira.

En cada unha delas obteranse Leiros, moeda de uso interno, que se poderán cambiar durante toda a xornada na Cafetería por alimentos saudables. Os Leiros caducarán ese mesmo día.

As actividades que se ofertan este ano son:

Desenvolveranse nos seguintes espazos:

Venres musicais - Mulleres da música actual (05-12-2023)

Programa dedicado ás mulleres protagonistas do panorama musical actual. Realizado na materia de Proxecto Competencial de 1ºESO.

Dirección: María
Locutores: Sara, Adrián, Yaiza, Steven (1ºESO A e B)
Control: Xabi

Venres musicais - Músicas do mundo (01-12-2023)

Programa dedicado á musica actual en diferentes países do mundo. Realizado na materia de Proxecto Competencial de 1ºESO.

Dirección: María
Locutores: Yasmina, Adrián, Valeria, Yolanda (1ºESO A e B)
Control: Xabi

 

Venres musicais - Éxitos de música latina (29-11-2023)

Programa dedicado á música latina de onte e de hoxe. Realizado na materia de Proxecto Competencial de 1ºESO.

Dirección: María
Locutores: Andrés, Fran, Pedro, Tiago, Gael (1ºESO C e D)
Control: Xabi

25N Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Durante a semana do 27 de novembro ao 1 de decembro o IES Leiras Pulpeiro quere sensibilizar da importancia da detección e eliminación das violencias cara as mulleres nas súas multitudes formas desde insultos, burlas, acoso, ciumes... Tamén quere lembrar as máis de 52 mulleres con nomes e apelidos, asesinadas por homes no que levamos de ano.

O centro tamén está a promover un equipo de igualdade entre os alumnos e alumnas, sumándose así a iniciativas que xa están en marcha en outros centros como o Comando Igualdade. Ademais está a desenvolver, obradoiros e charlas didácticas dirixidos a diferentes cursos. A temática é diversa: tolerancia fronte a diversidade sexual, prevención ante a exposición á pornografía...esta ultima foi escollida a partires dos datos de diferentes informes sobre a xuventude e adolescencia nos que se reflicte que a idade de acceso inicial dos e das menores sitúase arredor dos 9 anos, e a partires dos 14 xa está normalizado o seu consumo, de aí a importancia de sensibilizar contra a normalización da violencia, falta de empatía, disfuncións e adicións. 

Oxalá non ter que "conmemorar" un 25N nunca máis, mentres tanto, todos os días o son. O IES Leiras Pulpeiro quere ser un espazo libre de violencias machistas, un lugar seguro para todas.

Venres musicais - Rock (24-11-2023)

Programa sobre cancións e bandas emblemáticas do Rock. Realizado na materia de Proxecto Competencial de 1ºESO.

Dirección: María
Locutores: David, Carla, Sara
Control: Xabi

Distribuir contido


by Dr. Radut