Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Semana en Toulouse - Eramus+

O noso centro educativo conta cunha acreditación Erasmus+ para o período 22-27 que nos está permitindo realizar diversas actividades de intercambio entre alumnado e profesorado con outros centro europeos.

Nesta ocasión, entre os días 15 e 20 de outubro, nove alumnos e alumnas de 1º de BAC viaxan a Toulouse para coñecer os proxectos educativos do Lycée Sainte-Marie des Champs e compartir unha semana de convivencia e experiencias únicas.

A recepción por parte do centro foi excelente o que nos permitirá voltar a casa coa maleta cargada de afectos e boas ideas para compartir e seguir colaborando no futuro.

 

Exposición Historia do Pobo Xitano

Temos instalada nos corredores do noso centro a exposición Historia e Cultura do Pobo Xitano que se poderá visitar entre os días 18 e 27 de outubro de 2023 dentro do noso horario de apertura.

A exposición, que consta de 18 paneles, foi creada pola Asociación Enseñantes con gitanos e conta cunha unidade didáctica orientada ao alumnado dos últimos cursos de educación Primaria e alumnado da ESO. Nela, faise un repaso pola historia dos xitanos en España, dende a súa chagada no 1425 ata a actualidade, profundizando nos pilares fundamentais da cultura deste pobo e analizando as principais dificultades ás que se enfrentan como grupo minoritario. É un material realizado por docentes que pode servir para o traballo nas aulas así como para a inclusión dos alumnos e alumnas xitanos nos centros e o fomento da interculturalidade.

Venres musicais - Emitindo que é xerundio (13-10-2023)

Monográfico sobre ese tempo verbal tan "denostando": o xerundio.

Dirección: José Manuel
Locutores: José Manuel, Xabi
Control: Xabi

Conexión Lugo-Toulouse, Erasmus+ (10-10-2023)

Emisión en vivo simultánea entre IES Leiras Pulpeiro de Lugo Sainte-Marie des Champs de Toulouse.

Presentación de alumnos participantes en intercambio Erasmus+ de ambos institutos.

Ainhoa Rodríguez e Ainara Vilariño, subcampioas de España de Hípica Raid

O noso alumnado segue a colleitar importantes éxitos en competicións deportivas moi diversas. Neste caso, queremos facernos eco do subcampionato de España alevín da modaliade Raid de Hípica conseguido polas nosas alumnas de 1º da ESO Ainhoa Rodríguez e Ainara Vilariño na localidade catalá de Vic o pasado 7 de outubro.

O Raid é unha disciplina ecuestre na que se pon a proba a velocidade, habilidade e a resistencia física e psicolóxica de cabalo e xinete, xa que ambos deben percorrer grandes distancias nun día, neste caso 80km. As nosas xinetes amosaron o seu talento dosificando o esforzo do cabalo acadando a segunda posición por detrás do equipo de Cataluña.

Parabéns a Ainhoa, a Ainara e a todo o seu equipo e familias e moita sorte para vindeiras ocasións!

Venres musicais - Caudal Fest (29-09-2023)

Comezamos a nova temporada cun programa improvisado que derivou en rememorar o CaudalFest de Lugo 2023.

Dirección: Xabi
Locutores: Xabi
Control: Xabi

Jarno Pousada, Campión de España Júnior de Triatlón

Sempre festexamos con grande alegría os éxitos deportivos, musicais, artísticos, poéticos e de calquera ámbito onde destaca o noso alumnado e nesta ocasión queremos celebrar o campionato de España Júnior de Triatlón de Jarno Pousada Troitiño, que rematou os seus estudos no IES Leiras Pulpeiro conseguindo a graduación en bacharelato este mesmo ano.

Durante o verán, foi campión absoluto na prestixiosa carreira Rinlo-Ribadeo e foi o día 17 de setembro no municipio murciano de Águilas onde acadou o seu título de Campión de España

Parabéns a Jarno, aos seus adestradores e ao seu clube Cidade de Lugo Fluvial por este grande logro nun deporte tan esixente.

 

Alternativas sen Glute na nosa Cafetería

A partir do luns 18 de setembro a nosa Cafetería ofrecerá sandwiches con pan sen glute Schär para aqueles membros da nosa comunidade educativa con esta intolerancia alimentaria.

Ademais podedes consultar outros produtos aptos con indicación "sen glute" . Non dubidedes en pedilos.

Libros que faltan

Faltan por repartir os libros seguinte, porque aínda non os recibimos:

Xeografía e Historia de 2ºESO

Matemáticas A de 4ºESO

Bioloxía de 4ºESO

 

Cando os teñamos, repartirémolos en clase.

 

Horarios Individualizados

No curso Administración Alumnado da nosa Aula Virtual está dispoñible para cada alumno/a un horario individualizado onde, ademais do horario do seu grupo, constan na parte inferior os seus diferentes desdobres, agrupamentos, reforzos e optativas que temos rexistrado para este curso que comezamos. 

Se detectades algún erro, podedes comunicalo a través da mesma aula virtual ou na Secretaría do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut