Consello Escolar

Composición do Consello Escolar

Composición do consello escolar:

Directora:  Dna. Ana María Roel Ares
Xefe de estudos:  D. Francisco José Teijido López
Secretario:  D. José Ramiro Alonso Escudero
Docentes:
 Dna. Alicia del Río López
 Dna. María Salas Aguilera 
 Dna. Montserrat Chao Millor
 Dna. Mª Jesús Torres de la Fuente
 D. Juan José Oruezabala Romero
 D. Manuel Fuentes Daparte 
 D. José Luis Martínez Vázquez
Estudantes:  
Pais/nais  
Persoal non docente:  D. Alberto Luis Pérez Guzmán
Concello:  

 

Funcións do consello escolar:

a) Aprobar e avaliar os proxectos e as normas aos que se refire o capítulo II do título V da Lei Orgánica da Educación .

b) Aprobar e avaliar a programación xeral anual do centro sen prexuízo das competencias do Claustro de profesores/as, en relación coa planificación e organización docente.

c) Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.

d) Participar na selección do director/a do centro nos termos que a Lei Orgánica da Educación establece. Ser informado do nomeamento e cese dos demais membros do equipo directivo. No seu caso, previo acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propoñer a revogación do nomeamento do director/a.

e) Decidir sobre a admisión de alumnos/as con suxeición ao establecido na Lei Orgánica da Educación e disposicións que a desenvolvan.

f) Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar porque se ateñan á normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo director/a correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia de pais ou titores, poderá revisar a decisión adoptada e propoñer, no seu caso, as medidas oportunas.

g) Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres e a resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social.

h) Promover a conservación e renovación das instalacións e equipo escolar e aprobar a obtención de recursos complementarios de acordo co establecido no artigo 122.3 da Lei Orgánica da Educación.

O artigo 122.3 di: Os centros docentes públicos poderán obter recursos complementarios, previa aprobación do Consello Escolar, nos termos que establezan as Administracións educativas, dentro dos límites que a normativa vixente establece. Estes recursos non poderán provir das actividades levadas a cabo polas asociacións de nais e pais e de alumnos/as en cumprimento dos seus fins e deberán ser aplicados aos seus gastos, de acordo co que as Administracións educativas establezan.

i) Fixar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas Administracións locais, con outros centros, entidades e organismos.

j) Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.

k) Elaborar propostas e informes, a iniciativa propia ou a petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como sobre aqueloutros aspectos relacionados coa calidade da mesma.

l) Aquelas outras que lle sexan atribuídas pola Administración educativa.

Powered by Drupal - Design by artinet