Actividades

Actividades e noticias de interese no curso 2011-2012

04.02.2012: Lección de Historia en Ferrol Vello (Fábrica de Lápices):

Lección na fábrica de lápices

¿Queres saber máis sobre esta actividade?


01.02.2012: Visita ao almacén de COFARES (distribuidora farmacéutica):

O pasado día 1 de febreiro os estudantes de segundo do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia visitaron as novas instalacións que o principal distribuidor farmacéutico en España construíu en Betanzos.

Visita a COFARES

¿Queres ver máis fotos?


10.11.2011: VII Xornadas Nacionais de Enfermaría

O IES Leixa participa activamente nas VII Xornadas de Enfermaría que organiza a Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol e que se celebran na Residencia Arquitecto Marcide e no Hospital Novoa Santos.

A cartelería e información manual destas xornadas foi realizada polo alumnado de Artes Gráficas do IES Leixa.

Cartaz da VII Xornada

Pola súa banda, a directora do instituto Dna Ana Roel Ares participou nunha mesa redonda presentando unha ponencia baixo o título "Formación profesional en Sanidade: Actualidade e relación co persoal de Enfermaría".

Mesa redonda

Alumnos/as da familia de Sanidade foron invitados pola Xerencia para participar nestas xornadas mediante videoconferencia.

Diario de Ferrol

Diario de Ferrol de 11.11.2011


Powered by Drupal - Design by artinet