Calendario escolar

Calendario escolar do curso 2011-2012

O calendario escolar do curso 2011-2012 comeza o 1 de setembro de 2011 e remata o 31 de agosto de 2012 .

As actividades lectivas realízanse entre o 1 e o 6 de setembro de 2011 e do 16 de setembro de 2011 ao 22 de xuño de 2012, ambos os dous inclusive (ver o almanaque do curso 2011-2012).

No segundo curso de bacharelato as actividades lectivas rematarán no mes de maio de acordo coas normas das PAU.
 

Calendario de comezo de curso

O comezo de curso realízase, no IES Leixa, segundo o seguinte calendario:

  • 1º curso de bacharelato: A presentación terá lugar o día 16 de setembro ás 10.00 horas no salón de actos, comezando as actividades lectivas o día 20 de setembro.
  • 2º curso de bacharelato: A  presentación terá lugar o día 16 de setembro ás 12.00 horas no salón de actos, comezando as actividades lectivas o día 20 de setembro.
  • Ciclos medios de Artes Gráficas, 1º e 2º de Preimpresión e 1º de Impresión: A presentación terá lugar o día 19 de setembro ás 10.00 horas no salón de actos, comezando as actividades lectivas o día 20 de setembro.
  • Ciclo superior de Artes Gráficas, 1º e 2º de Deseño e Produción Editorial: A presentación terá lugar o día 19 de setembro ás 11.00 horas no salón de actos, comezando as actividades lectivas o día 20 de setembro.
  • Ciclos medios de Sanidade, 1º de Coidados Auxiliares de Enfermaría e 1º e 2º de Farmacia: A presentación terá lugar o día 19 de setembro ás 12.00 horas no salón de actos, comezando as actividades lectivas o día 20 de setembro.
  • Ciclos superiores de Sanidade, 1º e 2º de Laboratorio e 1º e 2º de Dietética: A presentación terá lugar o día 19 de setembro ás 13.00 horas no salón de actos, comezando as actividades lectivas o día 20 de setembro.

Calendario de final de curso (PROVISIONAL)

 O final de curso seguirá o seguinte calendario:

  • 2º de bacharelato: As actividades lectivas ordinarias rematarán o 15 de maio de 2012 celebrándose os exames finais do 16 ao 22 de maio segundo o calendario que oportunamente se publicará o 11 de maio. A avaliación final será o 23 de maio coa entrega de cualificacións o 24 de maio.
  • Para o resto das ensinanzas o final de curso será no mes de xuño de 2012 segundo este calendario:
Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo
   

1

2

3
4 5 6 7 8 9 10
11

12

13

Publicación das cualificacións da 3ª avaliación de 1º de bacharelato

14

Remate das actividades lectivas ordinarias.

Publicación da memoria final

15

Recuperacións e exames finais

16 17

18

Recuperacións e exames finais

19

Recuperacións e exames finais

20

Recuperacións e exames finais

21

Recuperacións e exames finais

22

Sesións de avaliacións finais

23 24

25

Entrega de cualificacións.

Claustro e Consello Escolar.

Revisións de exames.

Reclamacións.

26

Reclamacións.

27

Reclamacións.

28

Xuntas de departamento para revisión das reclamacións.

29

Entrega de resolución das reclamacións

 30  

 

Períodos vacacionais

  • NADAL: Dende o día 22 de decembro de 2011 ata o 8 de xaneiro de 2012.
  • SEMANA SANTA: Entre o 2 e o 9 de abril de 2012 ambos os dous inclusive.
  • ENTROIDO: Os días 20, 21 e 22 de febreiro de 2012.
  • DÍA DO ENSINO: 31 de outubro de 2011.

Conmemoracións

  • Do 1 ao 11 de decembro de 2011: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.
  • 10 de decembro de 2011: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
  • 30 de xaneiro de 2012: Día da Paz.
  • 8 de marzo de 2012: Día Internacional da Muller Traballadora.
  • 15 de marzo de 2012: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
  • Do 12 ao 16 de marzo de 2012: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
  • Entre o 12 e o 30 de abril de 2012: Día do Libro.
  • 7 de abril de 2012: Día Mundial da Saúde.
  • 9 de maio de 2012: Día de Europa.
  • Do 9 ao 16 de maio de 2012: Semana das Letras Galegas.
  • 5 de xuño de 2012: Día Mundial do Ambiente.

Días non lectivos de libre disposición

O IES Leixa solicitou como días non lectivos:

  • 5 de decembro
  • 18 de maio

 

Disposicións legais

ORDE do 24 de maio de 2011 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2011/2012 nos centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG de 30.05.2011).

DECRETO 128/2011, do 30 de xuño, polo que se determina o calendario laboral para o ano 2012 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 04.07.2011)

Powered by Drupal - Design by artinet