CS Laboratorio de diagnóstico clínico

Ciclo superior de Laboratorio de diagnóstico clínico

Modalidade: Ciclo Superior de 2000 horas.

Duración: Dous anos.

Título obtido: Técnico Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico.

Temporización:

  • 1º ano: 32 semanas entre setembro e xuño.

  • 2º ano: 21 semanas entre setembro e marzo.

  • Módulo de formación en centros de traballo: 380 horas entre abril e xuño do segundo ano.

Competencia Xeral: Realizar estudos analíticos de mostras biolóxicas humanas, interpretando e valorando os resultados técnicos, para que servan como soporte ao diagnóstico clínico e/ou orientados á investigación, actuando baixo normas de calidade, seguridade e medioambientais, organizando e administrando as áreas asignadas no correspondente laboratorio de diagnóstico clínico, baixo a supervisión correspondente.

 

Contorno Funcional: Laboratorios de diagnóstico clínico dos centros de saúde, servicios hospitalarios de microbioloxía, hematoloxía, hemoterapia, bioquímica, inmunoloxía, farmacia hospitalaria e os laboratorios dos servicios de medicina e cirurxía experimental, laboratorios extrahospitalarios, laboratorios de industria alimentaria, farmacéutica, cosmética, laboratorios de institutos anatómico-forense, institutos de toxicoloxía, centros de experimentación animal e delegados comerciais de produtos hospitalarios e farmacéuticos.

 

Ocupacións e postos de traballo máis relevantes:

  • Técnico en Laboratorio de Diagnóstico Clínico.

  • Técnico en Laboratorio de Investigación e Experimentación.

  • Técnico en Laboratorio de Toxicoloxía.

  • Delegado comercial de produtos hospitalarios e farmacéuticos.

Acceso a outros estudos:

  • Maxisterio (todas as especialidades).

  • Diplomado/a en Educación Social.

  • Diplomado/a en Enfermaría.

  • Diplomado/a en Fisioterapia.

  • Diplomado/a en Logopedia.

  • Diplomado/a en Podoloxía.

  • Diplomado/a Terapia Ocupacional.

  • Diplomado/a Traballo Social.

  • Licenciado/a en Bioloxía.

  • Licenciado/a en Biotecnoloxía.

  • Licenciado/a en Farmacia.

  • Licenciado/a en Medicina.

Normativa:

Distribución horaria (no IES Leixa):

 

MÓDULOS

HORAS

TOTAIS

PD

SESIÓNS

SEMANAIS

Primeiro curso:

 

 

 

Formación e orientación laboral (FOL)

55

7

2

Fundamentos e técnicas de análises hematolóxicas e citolóxicas (HEM)

450

54

17

Recollida, preparación e conservación de mostras biolóxicas humanas (RPC)

295

35

11

Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade/gabinete de laboratorio de diagnóstico clínico (XES)

160

19

6

Segundo curso:

 

 

 

Proxecto integrado (PI)

70

8

4

Fundamentos e técnicas de análises bioquímicas (BIO)

295

35

16

Fundamentos e técnicas de análises microbiolóxicas (MIC)

295

35

16

Formación en centros de traballo (FCT)

380

-

-

Total

2000

 

36

 

Powered by Drupal - Design by artinet