Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Acceso á Universidade
Información sobre o acceso á Universidade
CALENDARIO DAS PAU PARA O ANO 2012:
No seguinte enlace podes ver o calendario das PAU 2012 e acceso á Universidade para o curso 2012-2013:
1. WEB DAS PAU:
Toda a información sobre as PAU pódela consultar na web da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) en http://ciug.cesga.es.
2. MATRÍCULA DAS PAU:
Para matricularse nas PAU hai que abonar o depósito do título de bacharelato e as taxas das PAU.
3. ESTRUTURA DAS PAU:
As PAU terán as seguintes probas e exercicios:
PARTE XERAL (OBRIGATORIA): Consta de cinco exercicios de unha hora e media de duración cada un, cun intervalo de 45 minutos entre un e outro.
- 1º exercicio: O primeiro exercicio consistirá nun comentario, por escrito, dun texto non especializado e de carácter informativo ou divulgativo, relacionado coas capacidades e contidos da materia de lingua castelá e literatura. O exercicio presentará dúas opcións diferentes entre as cales o estudante deberá elixir unha. Este exercicio debe facerse en castelán.
- 2º exercicio: O segundo exercicio consistirá nun comentario, por escrito, dun texto non especializado e de carácter informativo ou divulgativo, relacionado coas capacidades e contidos da materia de lingua galega e literatura. O exercicio presentará dúas opcións diferentes entre as cales o estudante deberá elixir unha. Este exercicio debe facerse en galego.
- 3º exercicio: O terceiro exercicio versará sobre as capacidades e contidos dunha das seguintes materias comúns do segundo curso do bacharelato: historia de España ou historia da filosofía. Consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións adecuadas ao tipo de coñecementos e capacidades que deban ser avaliados e cun formato de resposta que garantirá a aplicación dos criterios obxectivos de avaliación previamente aprobados. O exercicio presentará dúas opcións diferentes entre as cales o estudante deberá elixir unha.O estudante indicará na solicitude de matrícula para a proba de acceso a materia común (historia de España ou historia da filosofía) da cal se examinará. Este exercicio pode facerse en galego ou castelán.
- 4º exercicio: O cuarto exercicio será de lingua estranxeira e terá como obxectivo valorar a comprensión lectora e a expresión escrita. O exercicio presentará dúas opcións diferentes entre as cales o estudante deberá elixir unha. Na realización do exercicio non se poderá empregar o dicionario nin ningún outro material didáctico.O estudante indicará na solicitude de matrícula para a proba de acceso a lingua estranxeira de que se examinará; poderá elixir entre alemán, francés, inglés, italiano ou portugués. Este exercicio debe facerse o idioma estranxeiro elixido.
- 5º exercicio: O quinto exercicio versará sobre os contidos dunha materia de modalidade do segundo curso do bacharelato. Consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións adecuadas ao tipo de coñecementos e capacidades que deban ser avaliados e cun formato de resposta que garanta a aplicación dos criterios obxectivos de avaliación previamente aprobados. O exercicio presentará dúas opcións diferentes entre as cales o estudante deberá elixir unha. O estudante indicará na solicitude de matrícula para a proba de acceso a materia de modalidade da cal se examinará. Esta materia será unha das de modalidade establecidas para o segundo curso ás cales se fai referencia no artigo 7 do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e terá que ser distinta das materias de modalidade elixidas para a fase específica. Este exercicio pode facerse en galego ou castelán.
PARTE ESPECÍFICA (VOLUNTARIA): Consta de un, dous, tres ou catro (elixido polo alumno) exercicios de unha hora e media de duración cada un, cun intervalo de 45 minutos entre un e outro.
Na fase específica o estudante pode elixir examinarse de unha, dúas, tres ou catro materias de modalidade cursadas en segundo distintas da elixida na fase xeral. Os exercicios de cada unha das materias elixidas polo estudante consistirán na resposta por escrito a unha serie de cuestións adecuadas ao tipo de coñecemento e capacidades que deban ser avaliadas e cun formato de resposta que garanta a aplicación dos criterios obxectivos de avaliación previamente aprobados. Os exercicios presentarán dúas opcións diferentes entre as cales o estudante deberá elixir unha.
4. CUALIFICACIÓN DAS PAU:
As cualificacións das PAU obteranse do seguinte xeito:
- PARTE XERAL (OBRIGATORIA): Cada exercicio será cualificado de 0 a 10 con dúas cifras decimais. A cualificación da parte xeral será a media dos cinco exercicios con tres decimais. Para superar as PAU é necesario ter polo menos un 4 de media nesta parte.
- PARTE ESPECÍFICA (VOLUNTARIA): Cada exercicio será cualificado de 0 a 10 con dúas cifras decimais. Considerarase superado o exercicio cando se obteña máis de un 5.
A cualificación final das PAU obtense pola media do 60 % da media de bacharelato e o 40 % da media da parte xeral. Cando un estudante se examine da parte específica e superara as PAU, á cualificación engadirase (sumarase) a obtida nas dúas mellores da parte específica considerando a ponderación das materias elixidas. Isto é: cada Universidade pondera as materias de modalidade con 0,1 ou 0,2 segundo a carreira elixida.
EXEMPLO DE CUALIFICACIÓN PARA UN ESTUDANTE QUE SE EXAMINA DE DÚAS MATERIAS DA PARTE ESPECÍFICA, UNHA CON PONDERACIÓN 0,1 E OUTRA CON PONDERACIÓN 0,2:
Nota media do bacharelato: 6,21
Parte xeral:
- 1º exercicio: 4,75
- 2º exercicio: 6,28
- 3º exercicio: 5,49
- 4º exercicio: 7,3
- 5º exercicio: 5,34
NOTA MEDIA DA PARTE XERAL: 5,832 (PAU superada)
Parte específica:
- 1º exercicio: 4,25 (para unha ponderación de 0,1). Non cualifica ao ter menos de 5.
- 2º exercicio: 6,39 (para unha ponderación de 0,2)
CUALIFICACIÓN DA PARTE ESPECÍFICA: 6,39 x 0,2 = 1,278
Cualificación final das PAU: 0,6 x 6,21 + 0,4 x 5,832 = 3,726 + 2,3328 = 6,059
Cualificación de admisión: 6,059 + 1,278 = 7,337
