Documentación necesaria para a matrícula

A matrícula realízase na secretaría.

MOI IMPORTANTE: No caso de estudantes menores de idade, a matrícula debe vir asinada, ademais de polo estudante, por ambos proxenitores/as ou titores/as legais sempre que ambos manteñan a patria potestade, aínda que haxa sentenza de separación ou divorcio.

De seguido, a documentación que hai que aportar.

  • Para todos/as:

    • Copia do resgardo de ter abonado o seguro escolar (agás exentos/as). O seguro é de 1,12 € a abonar na conta de NovaCaixaGalicia  2091-0225-86-3040009825.
    • Voluntaria, a cota da ANPA. A cota é de 6 € a abonar na conta de NovaCaixaGalicia 2091-0200-03-3040107805.
  • Ademais, para bacharelato:

    • Copia do resgardo de ter abonado a cota da ANPA (obrigatorio para ter dereito a taquilla). A cota é de 6 € a abonar na conta de NovaCaixaGalicia 2091-0200-03-3040107805.

    • Fianza de 6 euros se se quere dispoñer de taquilla individual (devólvese ao rematar os estudos sempre e cando a taquilla estea en bo estado e non se perdera a chave ou o candado).

    • Certificado médico oficial, no caso de que se solicite exención de educación física.

       

 


 

Documentos asociados:

Powered by Drupal - Design by artinet