
Novas ANPA
Revista semanal da Rede Galega de información xuvenil
Enviado por admin en 17 Abril, 2012 - 09:53.A asociación de pais e nais do MGB informa da publicación dun novo número da revista da Rede Galega de Información Xuvenil, onde poderedes atopar información sobre novas, formación, bolsas e axudas, emprego e casas xuvenís.
Pódela descargar dende aquí.
Asamblea Extraordinaria ANPA
Enviado por Secret. en 14 Xuño, 2011 - 08:08.Neste arquivo atópase información sobre a Asamblea Extraordinaria da Asociación de pais e nais do IES MGB que terá lugar o 21 de xuño ás 19,45 horas.
Asemblea extraordinaria do ANPA
Enviado por admin en 26 Xaneiro, 2011 - 13:00.A asociación de nais e pais do IES Manuel García Barros, convoca a todos os pais, nais e/ou titores a unha Asemblea Extraordinaria o día martes 1 de febreiro de 2011, ás 19:15 h. en 1ª convocatoria e ás 19:30 en 2ª, no salón de usos múltiples do MGB. Pica nesta ligazón para descargar a convocatoria coa orde do día.
Revista semanal da Rede Galega de Informacion Xuvenil
Enviado por admin en 24 Xaneiro, 2011 - 16:55.Achegamos o número de xaneiro da Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil, que nos fai chegar a ANPA do Centro.
Podedes descargala picando nesta ligazón.
Petición Audición e Linguaxe na prensa
Enviado por Secret. en 16 Decembro, 2010 - 12:53.La Voz de Galicia e o Faro de Vigo informan sobre as actuacións da ANPA para que o IES Manuel García Barros volva a ter un especialista en audición e linguaxe.
Asamblea da ANPA do MGB o 25 de novembro
Enviado por webmaster en 11 Novembro, 2010 - 00:53.A orde do día, entre outros asuntos, será:
- Eliminación do profesor especialista de audición e linguaxe
- Situación actual do Banco de Libros
- Eleccións dos representantes de nais e pais ó Consello Escolar
- Renovación dos membros da Directiva
- Estado de contas
Asemblea xeral da ANPA do MGB
Enviado por webmaster en 12 Maio, 2010 - 08:48.Será no salón de actos do instituto o martes día 18 de maio, ás 19:45 h. en 1ª convocatoria, e ás 20:00 h. en 2ª .
Na orde do día trataranse os seguintes temas:
- Solicitude do Bacharelato de artes
- Oferta de novo da Sección Bilingüe para 3º e 4º de ESO
Cambio no organigrama da ANPA
Enviado por webmaster en 15 Marzo, 2010 - 18:32.A asociación de nais e pais do MGB comunica cambios na súa directiva. Podes ver a súa nova composición picando nesta ligazón.
Campamentos de verán 2010
Enviado por webmaster en 15 Marzo, 2010 - 18:30.Por iniciativa da ANPA do MGB queremos informar que xa está aberto o prazo para inscribirse nos Campamentos de Verán 2010, organizados pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
- Presentación de solicitudes: ata o 23 de marzo
- Solicitude: pódese obter no DOGA do luns 8 de marzo
- Dirixido: a rapaces entre 9 e 18 anos
- Tipo de actividades: depende do campamento, pero son lúdico - deportivas: vela, piragüismo, bbaile, teatro,...
- Duración: entre 1 semana e 15 días, durante os meses de xullo e agosto
Máis información en http://www.xuventude.net/web/xuventude/campamentosdeveran
Asemblea xeral da ANPA: martes 6 de outubro
Enviado por webmaster en 2 Outubro, 2009 - 11:30.O martes 6 de outubro terá lugar a asemblea xeral da ANPA do MGB de principio de curso. Será ás 8:00 h. en 1ª convocatoria e ás 8:15 h. en 2ª.
A orde do día será informar sobre:
- Supresión do profesor de Audición e Linguaxe
- Renovación do equipo directivo da ANPA
- Horario da Escola de Familia
- Reunión cun dos inspectores de transportes da Consellería de Educación, o mércores día 7. Desprázase ata A Estrada para falar con todos nós.
Asemblea de fin de curso da ANPA do MGB
Enviado por webmaster en 15 Xuño, 2009 - 16:30.Presentación da conferencia sobre o "Plan Bolonia"
Enviado por webmaster en 1 Xuño, 2009 - 11:40.Esta foi a presentación mostrada na conferencia celebrada o pasado 28 de maio, co título "O proceso de Bolonia: un cambio estructural", elaborada por Celso Rodríguez Fernández, da Universidade de Santiago de Compostela.
Conferencia sobre o "Plan Bolonia"
Enviado por webmaster en 22 Maio, 2009 - 13:12.- Hora: 20.00
- Lugar: IES Manuel García Barros
Terceira sesión da escola da familia
Enviado por webmaster en 22 Maio, 2009 - 13:09.O mércores 27 de maio ás 20:15 h. terá lugar a terceira sesión das escolas de Familia para nais/pais con fillos en Secundaria.
- Lugar: Salón de Plenos do Concello
- Tema: COMO AUMENTAR A AUTOESTIMA DOS NOSOS FILLOS
Novas ANPA: campamentos para o verán
Enviado por webmaster en 12 Maio, 2009 - 12:14.CAMPAMENTO NO MAR
Está aberto o prazo de inscrición nos campamentos no mar, dirixidos a rapaces e rapazas entre 8 e 16 anos.
Para máis información: CONCELLO DA ESTRADA - DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS
INGLÉS NO VERÁN
Tamén está aberto o prazo de inscrición no "ENGLISH SUMMER CAMP", organizado pola Deputación de Pontevedra, que se desenvolverá en Pontevedra na Cidade Infantil "Príncipe Felipe" durante os meses de xullo e agosto. Máis información






















