
Biblioteca MGB
"Punto de fuga", novo cómic asinado para a MeGaBiblioteca
Enviado por admin en 11 Xaneiro, 2012 - 18:45.Miguel Cuba dedicounos un exemplar da súa última creación, "Punto de Fuga". A obra, escrita en galego, trata unha temática de actualidade: o incerto futuro dunha das xeracións mellor preparadas da historia da democracia no noso país. Moitos lectores recoñeceranse a sí mesmos ou a xente próxima na situación de Mateo.
Día da Violencia de Xénero, 25 de novembro
Enviado por BiblioMGB en 25 Novembro, 2011 - 00:16.Para favorecer a reflexión nas aulas sobre a realidade da Violencia de xénero, a biblioteca do MGB seleccionou cancións sobre esta temática, elaborou carteis e un vídeo. Podedes acceder a toda a información dende esta web.
Fanny Pereira foi a autora do vídeo e os carteis, e os alumnos de TIC de 1º de Bacharelato foron os encargados da web.
https://sites.google.com/a/iesgarciabarros.org/violencia-de-xenero/
Para conmemorar o Día da violencia de xénero a biblioteca do MGB seleccionou cancións, nas que se aborda o tema, e elaborou un vídeo para fomentar a reflexión nas aulas. Sentimos a crudeza das palabras, das imaxes e das cifras.
Causas nobres, de Fran Bueno, na MeGaBiblioteca
Enviado por admin en 27 Outubro, 2011 - 07:42.
Outro exemplar dedicado para a MeGaBiblioteca. Fran Bueno, primer autor galego en traballar profesionalmente no mercado do cómic estadounidense, debuxou para nós a un dos personaxes que aparecen a súa última obra, "Causas Nobres".
"Os Nobre son a familia de superheroes máis famosa do mundo, pero o que os seus seareiros nin sequera sospeitan é que, tras o engado e as marabillas, agochan escuros segredos, mesquiños desexos e unha cobiza desapiadada (...)"
A man do diaño, por Brais Rodríguez
Enviado por admin en 16 Outubro, 2011 - 16:39.A MeGaBiblioteca conta cun novo exemplar asinado polo seu autor e dedicado a todol@s nos@s lector@s.
Desta vez trátase de "A Man do Diaño", unha novela gráfica escrita e debuxada por Brais Rodríguez, Demo Editorial 2011, gañadora do Premio Castelao 2010. En palabras de David Rubín:
"Un relato antibélico magníficamente narrado, que non percorre camiños unha e mil veces transitados, cuns personaxes con personalidades complexas e perfectamente construídas, onde as elipses, os silencios, contan moito máis que os diálogos (...)"
Novidades na Megabiblioteca
Enviado por BiblioMGB en 19 Novembro, 2010 - 22:09.Á Megabiblioteca énchese de novos títulos, uns mercados polo Departamento de Galego como Ollos de auga, A praia dos afogados, Big Fish, Aire negro... Outros donados: documentais de natureza da BBC, películas e a última colección editada por El público.
Tamén o clube de lectura NA Estrada-525 adquiriu moitos títulos de literatura e de cómic que, coma sempre, xa tendes á vosa disposición na Megabiblioteca. Entre eles se vos aconsella a lectura dos cómics El caso del velo, Negrinha, Zits, Autobio, Puta guerra e Todo el polvo del camino que tratan dende o choque intercultural ate a adolescencia, a época da Gran Depresión en EE.UU., a Primeira Guerra Mundial ou o consumo responsable. Na literatura xuvenil atoparedes La evolución de Calpurnia Tate, Chocolate amargo, El vendedor de cuentos, Dos velas para el diablo, El coleccionista de relojes extraordinarios; C, el pequeño libro que aún no tenía nombre, La torre y la isla, El nombre del viento, a triloxía La puerta oscura... e na de adultos A praia dos afogados, Herbamoura, Cometas en el cielo, El tiempo entre costuras, El rescoldo, La ciudad y los perros, El sueño del celta... Mais de 60 títulos!!! Podedes consultalos no catálogo da nosa biblioteca na rede.
A MeGaBiblioteca recibe un agasallo
Enviado por BiblioMGB en 12 Novembro, 2010 - 00:05.NA Estrada-525 reúnese con outros clubes de lectura no mosteiro de Carboeiro
Enviado por BiblioMGB en 4 Novembro, 2010 - 21:27.O venres 5 de novembro pola tarde, o club de lectura NA Estrada-525 compartirá unha velada de medo cos clubes de lectura do IES Acquas Celenis de Caldas, o IES de Porto do Son, e os CPI de Portas e Cuntis. Reunirémonos no mosteiro de Carboeiro (Silleda), e acompañaranos Celso Fernández Sanmartín.
Día da Biblioteca Escolar, 22 de outubro
Enviado por BiblioMGB en 20 Outubro, 2010 - 23:18.O venres 22 de outubro celebramos o Día da Biblioteca Escolar. A MeGaBiblioteca invítavos a que a visitedes ese día: podedes sorprendervos!
Hai un mundo de posibilidades e ti terás a chave!!
Correo de contacto da Biblioteca do MGB
Enviado por BiblioMGB en 28 Abril, 2010 - 22:03.A biblioteca do MGB dispón dunha conta de correo electrónico: megabiblioteca@gmail.com
Se desexas recibir información sobre as novidades recibidas ou as actividades que se fan, envíanos unha mensaxe e incluirémoste na nosa listaxe de contactos. Podes tamén consultarnos calquera dúbida ou facernos propostas neste mesmo enderezo electrónico.
Ademais do teu nome, indícanos se es alumno, familia, persoal non docente ou profesor.
NA Estrada-525, en marzo
Enviado por BiblioMGB en 25 Marzo, 2010 - 00:12.O 24 de marzo reunímonos para falar de El curioso incidente del perro a medianoche, a proposta dun membro do club. Disfrutamos da charla, do chocolate e de dous episodios da serie "The Big Bang Theory". Compartimos as risas e os diferentes puntos de vista sobre a novela. En abril, discutiremos El guardián entre el centeno; vén se che apetece!
Os ordenadores da biblioteca
Enviado por BiblioMGB en 9 Decembro, 2009 - 01:36.A biblioteca do MGB amplía os seus servizos: grazas á colaboración de varias persoas, en especial o alumnado de 4º de ESO que ten Tecnoloxía e que cableou a rede, dispoñemos de sete ordenadores antigos funcionando a pleno rendemento coa tecnoloxía propia de Linux chamada LTSP como se fosen novos, polo que poden ser utilizados de forma individual por calquera usuario ou colectivamente por un grupo-clase acompañado do seu profesor.
O incremento na asistencia nos recreos e nas horas de clase é notable, pero cómpre recordarmos que os ordenadores do centro teñen unha finalidade didáctica: se non a respectamos, o profesor de garda pode retirarnos do ordenador que esteamos a usar.
Plan Lector
Enviado por Vicedirec. en 28 Outubro, 2008 - 09:09.Hoxe martes 28 de outubro empeza a funcionar no centro o Plan Lector destinado aos alumnos/as de 1º e 2º ESO. Neste plan os alumnos/as terán unha hora o día de dedicación a lectura na aula según un horario establecido e que poden consultar nos taboeiros das suas aulas.
LOGO BIBLIOTECA
Enviado por BiblioMGB en 30 Novembro, 2007 - 13:17.O logotipo da biblioteca MGB é unha invitación a “engancharse” á lectura. Representa a afección aos libros e o pracer que estes aportan a quen os le. Foi creado por Óscar Pintor Gil, alumno de 4º de ESO, gañador do concurso promovido desde a Biblioteca en colaboración con Xoán Xosé Pérez Viéitez, profesor de Educación Plástica e Visual.
BIBLIOTECA DO M.G.B.
![]() |
A biblioteca do MGB e un servizo para todos os integrantes da comunidade educativa do IES Manuel García Barros. |
| "O bibliotecario", Giuseppe Archimboldo |





















