ÉXITO DO BACHARELATO DE ARTES DO MGB

O alumno de 2º de bacharelato de Artes, Rubén Servide Carballo acadou a 2º mellor nota de cualificación nas probas de acceso ao grado superior de música no conservatorio Superior da Coruña. Destacar que é o primeiro alumno do recentemente creado bacharelato en presentarse as probas, conseguindo superalas con brillantez tendo en conta que non contou con estudios oficiais do conservatorio. Parabéns polo seu esforzo e dedicación  que facemos extensivos ao departamento de Música e ao bacharelato de Artes polos resultados acadados que se viron corroborados nas probas da selectividade cun 100% de aprobados nesta primeira promoción do Bacharelato musical.
Se desexades ter máis información premade aquí.

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2014/06/29/ruben-servide-logra-segunda-mejor/1049644.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2014/06/29/estradense-segundo-acceso-conservatorio-coruna-jazz/0003_201406D29C7994.htm

http://www.catrogatos.com/2014/06/o-alumno-do-mgb-ruben-servide-acada-a-mellor-nota-de-acceso-ao-grado-superior-da-coruna-na-especialidade-de-jazz/