Anteproxecto do currículo de Secundaria e Bacharelato

A Consellería de Educación deu a coñecer na súa web a exposición pública o anteproxecto de decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

As organizacións, as asociacións, as comunidades educativas e a cidadanía, en xeral, poden realizar as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que estimen oportunas ao citado anteproxecto, que podedes descargar dende aquí en formato .pdf