Entroido 2016

O vindeiro venres 5 de febreiro a partir da 11:35 horas terá lugar no noso centro a festa do Entroido. Teremos concurso de disfraces, baile e venda de diversos produtos que o alumnado de 4º de ESO elaborará para axudar a costear a súa excursión.

Os actos serán presentados polas alumnas de 3º PMAR Inma Búa e Clara Fernández. No apartado musical contaremos coa selección realizada polo alumno de 2º de Bacharelato Carlos López.

O deseño do cartaz foi realizado pola alumna de 2º de Bacharelato de Artes Lucía Gañete Vidal.

Entroido (1).jpg