Charla Debate Emilio Calatayud

O ANPA deste centro e o Servizo de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Sanidade organizan unha charla debate, impartida por Emilio Calatayud, xuiz de menores de Granada, sobre os dereitos e responsabilidades do primeiro grupo social ao que pertencemos todos: a familia.

Lugar: Teatro Principal da Estrada.

Día: Xoves, 12 de xaneiro de 2012.

Hora: ás 20:30 horas.

Charla Debate Emilio Calatayud

O Anpa deste centro e o Servizo de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Sanidade organizan unha charla debate impartida por Emilio Calatayud, xuiz de menores de Granada, sobre os dereitos e responsabilidades do primeiro grupo social ao que pertencemos todos: a familia.

Lugar: Teatro Principal da Estrada.

Data: xoves, 12 de xaneiro, ás 20:30 horas.

Charla Debate Emilio Calatayud

O Anpa deste centro e o Servizo de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Sanidade organizan unha charla debate impartida por Emilio Calatayud, xuiz de menores de Granada, sobre os dereitos e responsabilidades do primeiro grupo social ao que pertencemos todos: a familia.

Lugar: Teatro Principal da Estrada.

Data: xoves, 12 de xaneiro, ás 20:30 horas.

Bo nadal

O equipo directivo deséxalle a toda a comunidade educativa un Bo Nadal e un feliz ano 2012 no que seguiremos intentando mellorar o que estea na nosa man.

As fiandeiras

O concello da Estrada doou a biblioteca do centro a obra As fiandeiras, de Antonio Piñeiro, coa que resultou gañador do premio "García Barros".

Agradecémoslle ao Concello a súa sensibilidade co centro.

Campionato de Xadrez, 2011 / 2012

Despois de dous meses de ensaios, nos que algúns/algunhas alumnos/as se iniciaron neste xogo e outros perfeccionaron o mesmo, desenvolverase nos vindeiros meses o III campionato de xadrez do MGB. Nesta primeira fase, que se xoga por sistema de liguilla, clasificaranse os dous primeiros de cada grupo.

GRUPO A

  • Sergio Pampín López (3º ESO)
  • Jesús Bascuas Rey (2º ESO)
  • Andy Torres Blanco (2º ESO)
  • Emilio Andújar Porto (3º ESO)

GRUPO B

  • Fernando Vázquez Novoa (2º ESO)
  • Ramón González Rey (2º ESO)
  • María Couto Touceda (2º ESO)
  • Marcos Gesto Mariño (2º ESO)

GRUPO C

  • Ángel Ferreiro Lemos (2º ESO)
  • Adrián Ferreiro García (2º ESO)
  • Santiago Silva González (2º ESO)
  • Marcos Lago Piso (3º ESO)

GRUPO D

  • Sergio García Rodríguez (2º ESO)
  • Manuel Vilar Rodríguez (2º ESO)
  • Xoan Núñez Bazal (1º ESO)
  • Martín Mato Búa (3º ESO)

Actividade Musical

O vindeiro mércores, 21 de decembro de 2011, como remate do 1º trimestre, realizarase na sala de usos múltiples, na 3ª hora, unha actividade musical dirixida ao alumnado de 1º ESO.

Charla-Coloquio

O vindeiro martes 20  alumn@s de 4º ESO, e de bacharelato asistirán a unha charla-coloquio: " O xénero  de terrror no cine, a evolución do  medo"  coa finalidade de presentar o programa do I Festival de Cine de Terror da Estrada programado para o mes de xaneiro. Ademais de animalos a que participen na realización dun festival de trailers falsos de películas de terror, rematarán cunha charla-coloquio onde, apoidos en diverso material audiovisual, farase un repaso da historia do xénero de terror no cine.

Exposición:"20 anos de camiño"

O martes 20  alumn@s da materia de Relixión de e de bacharelato asistirán a unha exposición: "Xacobeo : 20 anos de camiño" en San Martiño Pinario, aproveitarase a visita a Santiago para acudir á pista de xeo que está instalada na Quintana. Actividade organizada polo departamento de Relixión.

Obradoiro

O martes,día 20, alumn@s de 3º A na súa clase de Educación Física asistirán a un obradoiro onde participarán en diferentes técnicas e disciplinas de circo: malabares, acrobacias, equilibrios...O obradoiro será o último de catro que impartiron especialistas da Escola Municipal de Circo da Estrada TRASTADA.

Avaliación de diagnóstico, curso 2011-2012

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao curso 2011-2012.

Premio á colaboración docente

Hoxe, 13 de decembro de 2011, El faro de Vigo informa sobre os premiados na elaboración de novos materiais didácticos, dentro do Programa Abalar da Xunta. Un dos galardóns foi para Chelo Vázquez Rozas, profesora deste centro.

Novas doazóns á Biblioteca

De resultas das entrevistas que os alumnos da asignatura Literatura Galega do século XX lle realizaron a certos/as escritores/as galegos/as, estes tiveron a ben doar á biblioteca do centro algúns dos seus libros coa súa dedicatoria. Os útimos en facelo foron Paco Martín e a súa filla, Belén Martín Franco. Na foto figuran os devanditos alumnos cos libros destes últimos.

Agradecémoslles a súa sensibilidade co noso centro.

Expo Meteoro

Nestas dúas semanas contamos no noso centro con Expo Meteoro, unha exposición de meteoroloxía realizada por Meteogalicia, son 12 paneis onde se explica a diferenza entre tempo e clima, os factores que determinan o tempo, as magnitudes e aparellos para medilo, a predición do tempo, as nubes, a lingua relacionada co tempo...

Premio: Agua de seda

O xornal Capicúa, na súa edición do 23 de novembro de 2011, informou que Ariadna Silva Fernández, alumna deste centro, foi a gañadora do primeiro certame de fotografia "Agua y Vida", promovido por El Corte Inglés. A foto, aquí.

Distribuir contido