Campionato de Bádminton

No Campionato Provincial de Bádminton disputado os días 2 e 3 de Abril, nas Neves algúns d@s nos@as alumn@s acadaron os seguintes resultados:

  • Na categoría infantil individual masculino, Fabián Penas obtivo a medalla de prata, e Manuel Brea tamén entrou na zona alta.
  • Na categoría cadetes feminino, Ana Reino obtivo o ouro e Nerea Gestoso a prata.

¡Noraboa a tod@s!

Fin Rodaxe Animais Artificiais

El Faro de Vigo da conta hoxe, venres 8 de abril, da finalización da rodaxe de Animais Artificiais.

III Olimpiada Galega de Química

Os alumnos Claudia Blanco Sanmartín, Víctor Fariña Torres, Andrea Fernández Santas, Luís Manuel García Martínez, Nerea Gestoso Uzal, María Goldar Barreiro, Ana Reino Sánchez, Artai Rodríguez Moimenta e Mónica Vaamonde Suárez (4º ESO), dirixidos por Augusto Otero participarán na III Olimpiada Galega de Química organizada polo Colexio Oficial de Químicos de Galicia, que se celebrará na súa Fase de Zona o venres 29 de abril na Facultade de Química da USC. Para máis información premer nesta ligazón.

Axudas Agrupacións Centros Educativos

Resolución da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional pola que se convocan axudas destinadas a promover agrupacións de centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos comúns.

Fase final do 2º campionato de xadrez MGB 2011

Da comezo a fase final do 2º campionato de xadrez MGB 2011, cos seguintes emparellamentos:


Programa PALE

Orde pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de programas formativos relativos ao programa de apoio ao ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras e a outras actividades de formación, para a mellora da competencia en linguas estranxeiras, para o ano 2011.

Plan de Mellora de Bibliotecas

Orde pola que se convoca o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.

Probas Acceso Universidade

Orde pola que se regulan as probas de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais.

Segunda Avaliación

Neste arquivo verán un gráfico cos resultados da segunda avaliación do presente curso 2010-2011.

Observatorio de Convivencia

O vindeiro martes, 5 de abril, haberá unha reunión ordinaria do Observatorio de Convivencia do Centro.

Reunión do Claustro

O vindeiro mércores, 6 de abril, o Claustro reunirase en sesión extraordinaria ás 10:25 horas.

Consello Escolar

O vindeiro martes, 5 de abril, o Consello Escolar reunirase en sesión ordinaria ás 18:15 horas.

"Animais artificiais" na prensa

Onte, mércores 30 de marzo, o xornal El faro de Vigo informou que a rodaxe da curtametraxe Animais Artificiais está a piques de rematar.

Viaxe a Amsterdam

Dende o día 11  ata o  16 de abril un grupo numeroso de alumn@s  de 4º ESO realizarán unha viaxe de estudos a Amsterdam

Roteiro praia dos afogados

O vindeiro xoves 7 de abril alumn@s de 1º de Bach e integrantes do Club de lectura NA Estrada 525 realizarán o roteiro praia dos afogados en Vigo ( un percorrido polos escenarios onde DOMINGO VILLAR localiza a súa novela A praia dos afogados).

Distribuir contido