Baile de disfraces
Enviado por Vicedirec. o 25 Febreiro, 2011 - 09:56O próximo día 4,venres de entroido, nas dúas últimas horas de clase celebraremos un baile de disfraces na sala de usos múltiples. Entregaranse tres premios individuais e tres premios colectivos aos mellores entroidos... Animádevos
Premios á Innovación Educativa
Enviado por Secret. o 22 Febreiro, 2011 - 12:16O Faro de Vigo de hoxe, martes 22 de febreiro, informa sobre a entrega dos premios á Innovación Educativa, un dos cales foi para Dairas.
Dairas no Faro de Vigo
Enviado por Secret. o 21 Febreiro, 2011 - 12:20Hoxe, luns 21 de febreiro de 2011, o xornal Faro de Vigo, informa sobre a curtametraxe DAIRAS.
Web viaxe a Amsterdam
Enviado por admin o 21 Febreiro, 2011 - 11:04Despois do éxito do Festival celebrado o pasado venres, presentamos hoxe esta nova web, onde se recolle toda a información e as novas relativas á viaxe dos alumnos de 4º de ESO a Amsterdam.
Actividade inglés
Enviado por Vicedirec. o 17 Febreiro, 2011 - 11:48O vindeiro 24 de febreiro alumn@s do 1º ciclo asistirán a unha actividade cultural da materia de lingua inglesa.A actividade desenvolverase na sala de usos múltiples.
Charla (aprazada)
Enviado por Vicedirec. o 17 Febreiro, 2011 - 11:41O próximo martes día 22 o alumnado de 3º ESO tiña programado asirtir a unha charla que se apraza para o día 15 de marzo, no mesmo horario, modificamos tamén o seu contido, a charla xirará sobre drogodependencia e será impartida por persoal especializado.
Olimpiada de Química
Enviado por Secret. o 17 Febreiro, 2011 - 10:41Os alumnos de 2º Bacharelato-A, Manuel de la Calle Cuevas, Rocío Mato Búa e Ignacio Sanmartín Rosende, presentaranse o 4 de marzo á Olimpiada de Química preparados pola profesora Rosa Mato Oliveira.
¡Boa sorte a todos!
Olimpiada de Física
Enviado por Secret. o 17 Febreiro, 2011 - 10:38Os alumnos de 2º Bacharelato-A, Manuel de la Calle Cuevas, Rocío Mato Búa e Ignacio Sanmartín Rosende, presentaranse o 25 de febreiro á Olimpiada de Física preparados polo profesor Augusto Otero Bugidos.
¡Boa sorte a todos!
Festival Amsterdam
Enviado por Vicedirec. o 15 Febreiro, 2011 - 18:32O vindeiro venres 18, ás 20.00h., celebrarase un festival no Teatro Principal organizado polos alumn@s de 4º ESO co obxectivo de recadar fondos para unha viaxe cultural a Amsterdam. Grazas por adiantado pola vosa asistencia.
Charla
Enviado por Vicedirec. o 15 Febreiro, 2011 - 18:24O próximo martes día 22 o alumnado de 3º ESO asistirá, de 16.30 a 18.10 h., a unha charla sobre delincuencia xuvenil e bandas xuvenís organizadas, impartida por persoal especializado da garda civil de Pontevedra. Actividade organizada polo departamento de Orientación.
Programa de Inmersión Lingüística
Enviado por Secret. o 15 Febreiro, 2011 - 08:57Resolución da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan axudas para o Programa de Inmersión Lingüística en colonias de vacacións, para o verán de 2011.
Charla
Enviado por Vicedirec. o 10 Febreiro, 2011 - 09:05O vindeiro martes día 15, de 16.30 a 18.10 h. , o alumnado de 2º ESO asistirá a unha charla sobre Drogodependencia impartida por persoal da garda civil de Pontevedra. Actividade organizada polo Departamento de Orientación.
Cartel Festival Amsterdam 2011
Enviado por admin o 9 Febreiro, 2011 - 13:25Xa temos cartel para o festival da viaxe a Amsterdam. Tras un pequeno desastre informático que nos privou dos traballos doutros compañeiros, o elixido finalmente foi o realizado pola alumna de TIC de 1º de Bacharelato Laura Sanmartín. Podedes ver máis traballos en modo presentación dende esta ligazón.
Premio a Innovación Educativa 2010
Enviado por Secret. o 9 Febreiro, 2011 - 12:21Información en La Voz de Galicia, onte, martes 8 de febreiro de 2011, sobre a entrega en Santiago dos premios a innovación educativa do ano 2010, con mención especial ao IES Manuel García Barros polo seu galardón ao traballo Dairas.
Fondo de Acción Social
Enviado por Secret. o 9 Febreiro, 2011 - 11:57Resolución pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación, no DOG, do acordo sobre criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o exercicio 2010.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 113
- 114
- 115
- 116
- 117
- 118
- 119
- 120
- 121
- …
- seguinte ›
- última »