Teatro Greco-Latino en Lugo

O vindeiro mércores día 14, un grupo de alumn@s de 4º ESO , e 2º de bacharelato asistirán ao festival de teatro Greco-Latino de Lugo, organizado por SEECGalicia, que se celebrará no Auditorio "Gustavo Freire" e asistirán á representación da comedia Miles Gloriosus de Plauto. Ademais visitarán o Museo Arqueolóxico da cidade e a exposición Romanorum Vitae.

*imaxe de Miguel Bugallo

5539587992_7b965c8855.jpg

8 de marzo, Día da Muller Traballadora

Para conmemorar o Día da Muller Traballadora, colocouse no vestíbulo do centro unha exposición de entrevistas a mulleres elaborada polos alumnos de 3º de ESO, baixo a dirección de Chelo Vázquez Rozas.

Tamén se organizou un concurso no mesmo vestíbulo: alí atoparedes dez textos, cada un dos cales fai referencia a unha muller cuxo nome deberedes adiviñar. Cubride o boletín de participación co voso nome, curso e respostas, e entregádeo na biblioteca antes de rematar o segundo recreo do venres 9 de marzo. Haberá premio.

Intercambio con Francia

Un grupo de alumn@s, concretamente 21, de 3º ESO, 4º ESO, 1º bacharelato e 2º  bacharelato viaxarán a Francia entre os días 12 e 17 para realizar un intercambio co Collège Jean Jaurès, na cidade de Montfermeil. O obxectivo desta viaxe é ter a oportunidade durante uns días de adaptarse a horarios , comidas, ritmo de vida...diferentes. Despois da experiencia dos nosos alumn@s os compañeiros franceses terán a oportunidade de devolver a visita. Os estudantes estarán acompañados polos  profesores dona Irene Mejuto e don Mariano Casas.

Convocatoria de axudas ao alumnado para formación en linguas estranxeiras 2012

Orde do 22 de febreiro de 2012 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado de centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Charla de Joana e Paco, do proxecto ANOCA, co alumnado de Cidadanía

O pasado martes, 28 de febreiro, Joana e Paco (na foto), do Proxecto Anoca, acompañados de dous profesores, mantiveron unha charla-coloquio co alumnado de Cidadanía. Grazas pola vosa valentía, e esperamos poder devolvervos a visita.

Joana e paco

Admisión de alumnos curso 2012/2013

Premendo aquí, accederán á información relativa á admisión de alumnos para o curso 2012/2013.

Visita

O próximo martes o alumnado de 4º ESO do IES nº 1 visitarán o noso centro para recibir unhas orientacións sobre as materias de bacharelato, serán recibidos polo profesor don Augusto Otero e a xefa de estudos dona Ana Fernández.

Dúas alumnas do MGB premiadas do concurso de relatos breves TYPEWRITER

O pasado 16 de febreiro, na cidade da Cultura, entregáronse os premios do concurso de relatos breves TYPEWRITER convocados por esta entidade. Na categoría infantil, o xurado proclamou gañadora a Mariña Pena Blanco, polo seu relato Memorias dunha máquina de escribir. Mentres, o segundo premio recaeu en María Villamor López coa historia titulada A princesa da Lúa. Parabéns para as dúas.

A Voz de Galicia e NoticiasDiarias.net recolleron a noticia.

Animais Artificiais na prensa

O xornal La Voz de Galicia informou o sábado 25 de febreiro de 2012 sobre a presentación en deuvedé da curtametraxe Animais Artificiais, que tamén inclúe o making of, no Principal da Estrada.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Doazón do Centro Ramón Piñeiro

O centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades agasallou ao noso centro, a través do alumnado de Literatura Galega do Século XX e da Actualidade, con todas as edicións facsímiles de xornais e revistas galegas na emigración publicadas por este Centro de investigación dependente da Xunta de Galicia. Moitas grazas pola súa sensibilidade cultural.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O conselleiro de educación gaba o esforzo dos premios extraordinarios de Bacharelato 2010/2011

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, gabou o pasado mércores  o esforzo dos 38 estudantes galardoados cos premios extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2010/2011, entre os que se atopaban Marta Rodríguez Castro e Cristian Carbajales Neira, alumnos do MGB. Máis información.

Captura de pantalla 2012-02-26 a las 12.31.06bis.png

Charla-coloquio

O vindeiro martes 28, entre as 16:30 e as 18:10 horas, o alumnado de 2º de ESO da materia de Educación para a Cidadanía, asistirán a unha charla-coloquio con alumnado e profesorado do EPAPU de Teixeiro. O profesorado deste centro desenvolve o proxecto ANOCA (Aprender no Cárcere) para crear unha vía de comunicación e colaboración entre os internos da escola e os adolescentes dos centros de secundararia.Sala de usos múltiples.

Charla

O próximo luns 27 o alumnado de 1º de bacharelato asistirá á charla " Te puede pasar" campaña prevención de accidentes, impartida por AESLEME Galicia, a campaña conta co apoio do Ministerio de Educación e a Dirección Xeral de Tráfico. Sala de usos múltiples de 12:45 a 13:35 horas.

Baile de disfraces

Grazas pola vosa participación no baile de disfraces, entre tod@s fixemos un pouco máis divertido este venres de entroido. Easpecialmente felicitamos aos alumn@ de 2º de bacharelato pola súa presenza. Parabéns aos gañadores. As fotos están subidas a este álbum de Flickr.

Charla

O xoves, día 23, de 12:45 a 13:35 horas alumn@s da materia de Artesanía e alumn@s de 1º de bacharelato de Artes asistirán a unha charla ofertada pola Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Pontevedra. Organizada polo departamento de Orientación. Sala de usos múltiples.

Distribuir contido