Calendarios Xefatura

Calendario probas extraordinarias para 1ºBACH 2022/23

Neste documento pódese consultar o Calendario das probas extraordinarias para 1ºBACH

 Procedemento de revisión e reclamación:
 
 Venres 23 ---> Publicación das notas vía Abalar (14:00 horas)
 
 Mércores 28 ---> Revisión de notas co profesorado (10:00 a 13:00 horas)
 
 Mércores 28 e Xoves 29 ---> Solicitude de revisión aos departamentos (na oficina e por escrito ata as 14:00 horas)*
*Para o caso de alumnado menor de idade as solicitudes de revisión e a recollida de resolucións serán a cargo dos pais, nais ou titor/a legal.
 
Orde do 2 de marzo de 2021

 

 

Calendario de final de curso 2022/2023

Consulta o calendario de final de curso 2022/2023 picando nesta ligazón.

Calendario de probas extraordinarias para 2º BACH 2022/23

Neste documento pódese consultar o Calendario das probas extraordinarias para 2º de bacharelato. Para dúbidas concretas, falade cos docentes das respectivas materias.

 Procedemento de revisión e reclamación:
 
 Xoves 22 ---> Publicación das notas vía Abalar (11:00 horas)
 
 Xoves 22 ---> Revisión de notas co profesorado (11:00 a 14:25 horas)
 
 Venres 23 e Mércores 28 ---> Solicitude de revisión aos departamentos (na oficina e por escrito de 9:00 a 14:00 horas)*
*Para o caso de alumnado menor de idade as solicitudes de revisión e a recollida de resolucións serán a cargo dos pais, nais ou titor/a legal.
 
Orde do 2 de marzo de 2021

 

Calendario de setembro: exames, notas e revisión de probas

No enlace podes consultar o calendario das probas extraordinarias de setembro para a ESO e o Bacharelato: exames, entrega de notas e revisións de probas.

Calendario.

Calendario fin de curso: notas, revisións e reclamacións para todos os cursos

No calendario do enlace podes consultar todo o referido a entrega de notas, revisións de exames cos profesores e reclamacións aos departamentos.

Calendario fin de curso.

Calendario de exames da avaliación extraordinaria de 2º de bacharelato e dos pendentes de 1º

Xefatura de estudos vén de publicar o calendario de exames correspondentes á avaliación ectraordinaria de 2º de bacharelato e das materias pendentes de 1º. Lembrade que os exames de setembro agora son en xuño para 2º.

Calendario.

Calendario de setembro

No enlace podedes consultar o calendario correspondente aos exames extraordinarios de setembro, así como todo o referido a entrega de notas e revisión de exames e cualificacións.

Calendario.

Calendario Escolar 2018/2019

No DOG de hoxe, 8 de xuño, sae publicado o calendario escolar para o vindeiro curso 2018/2019.

Pódese consultar neste enlace.

Calendario de exames de pendentes

Nos enlaces podedes consultar o calendario de exames de pendentes da ESO e do Bacharelato. Calquera dúbida respecto das materias pendentes de cursos anteriores debe consultarse co xefe ou xefa do departamento correspondente.

Calendario da ESO.

Calendario do Bacharelato.

Calendario de exames finais de pendentes (maio 2015)

No arquivo adxunto podes consultar o calendario de exames finais de pendentes. Ante calquera dúbida, debes falar co correspondente xefe de departamento.

Calendario maio 2015

Calendario de exames de pendentes 2013-2014

Nos seguintes enlaces, podedes consultar o calendario de exames de pendentes 2013-14, tanto para a ESO como para o Bacharelato.

ESO

BACHARELATO

Para todas as materias con pendentes, os respectivos xefes de departamento teñen establecido un programa de recuperación que pode incluir outros traballos ao marxe das probas. Falade con eles.

Tamén podedes consultar o calendario no taboleiro de Secretaría e nos das respectivas aulas.

Calendario de exames de pendentes

Xa podedes consultar as datas para os exames de pendentes nos arquivos adxuntos, nos taboleiros de aula, ou no de Secretaría. As datas para os exames finais saerán ao longo do mes de abril.

Calendario da ESO

Calendario de Bacharelato

Avaliación Diagnóstica para o alumnado de 2º ESO

Os días 9 e 10 deste mes, o alumnado de 2º da ESO realizará as probas correspondentes á Avaliación Diagnóstica, seguindo o horario do calendario adxunto. As probas terán lugar ata ás 11:35. A partir de 4ª hora, asistirán a clase con normalidade.

Calendario de exames finais de pendentes

No arquivo adxunto tendes o calendario de exames finais de pendentes. Tamén o tedes no taboleiro de Secretaría, e nas vosas aulas. Para calquera dúbida que teñades, falade co Xefe de Departamento da materia que sexa, ou con Xefatura de Estudos.

Calendario.

Calendario de exames de materias pendentes

Dende hoxe, 25 de outubro, tendes publicados nos taboleiros das clases e no taboleiro de Secretaría, as datas dos exames de pendentes, tanto para a ESO como para o Bacharelato. Caquera dúbida que teñades, podedes dirixirvos aos respectivos Xefes de Departamento, ou a Xefatura de Estudos.

Podedes descargar os calendarios, nos seguintes enlaces: ESO, BACHARELATO.

Distribuir contido