Skip to Content

ESTREA DE XADREZ XIGANTE NOS IDUS DE MARZO

Estreamos na IV edición do campionato de xadrez do noso centro un xadrez xigante e taboleiro exterior. Esta semana foi onde a nosa rapazada desprega todas as súas habilidades xadrecistas na biblioteca e nesta edición tivemos na entrada exterior do centro o escenario da final da ESO e de Bacharelato, final á que chegaron os que manexaron mellor as súas destrezas neste xogo milenario. Nesta IV edición os gañadores foron Raziel Mendoza na categoría de ESO e Sebastián López na de Bacharelato.

 


No xadrez, como na vida, a mellor xogada é sempre a que se realiza.

S. Tarrasch, Clásico do Xadrez.

Finalistas ESO

               Finalistas Bacharelato

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO PARA O ALUMNADO DE 2º DE ESO

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da Avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4º de EP e 2º curso de ESO. 

No caso de Galicia, terán lugar os próximos 10 e 11 de abril

Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf

CONVOCATORIA DE BOLSAS 2024-2025

Os alumnos e alumnas que vaian a cursar estudos postobrigatorios poden solicitar estas axudas dende o 19 de marzo ata o 10 de maio a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes.
(https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2076)

Para máis información descarga o documento

ORIENTACIÓN ACADÉMICA: CHARLA UDC

A través  do programa "Entra no futuro", o  alumnado  de 1º Bacharelato participou nunha charla informativa moi interesante sobre a oferta dos estudos e diferentes actividades que se poden realizar na UDC.

Esta charla foi impartida o martes 19 de marzo por Dna. Carolina Rosende Bautista, profesora do grao de Podoloxía da UDC.

XORNADA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

O xoves 14 de de marzo pola mañá visitamos a III Feira de Orientación académica e profesional do Concello de Oleiros co alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato acompañado do seu profesorado titor, a vicedirectora e a orientadora do centro.

O alumnado tivo a oportunidade de recoller información e orientación académica e profesional  de diferentes entidades entre as que se atopaban Universidades, centros de FP, escolas públicas e privadas (hostelería, finanzas, pilotos e azafatas, imaxe e son, artes gráficas, escolas de deseño, …), academias de oposicións, Forzas Armadas e residencias universitarias, etc.

Este encontro estivo organizado polo departamento de Ensino do Concello de Oleiros coa colaboración do Centro Municipal de Formación, as Casas da Mocidade e os departamentos de orientación dos catro centros públicos de ensinanza secundaria existentes no Concello de Oleiros.

   

 

ACREDITACIÓN DIXITAL DO ALUMNADO

No marco da Estratexia Educación Dixital 2030 e do Marco galego de competencias dixitais, a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar unhas instrucións para a acreditación dixital do alumnado de 4º ESO e 2º BACH.

 A) Niveis de acreditación. Iniciación e Intermedio.

 B) Modalidades de acreditación:

  •    O alumnado de 4º de ESO que obteña o título de graduado en ESO obterá o nivel de iniciación de xeito automático.
  •    O alumnado anterior poderá acreditar o nivel intermedio a través dunha proba específica.
  •    O alumnado de 2º BACH que obteña o título de bacharel acreditará as áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio de xeito automático.
  •    O alumnado que obteña o título de bacharel pode acreditar, a través dunha proba específica, a área de dominio 4 e terá a acreditación completa do nivel intermedio.
  •  O alumnado que titule sen superar a proba específica ou que non titule e supere a proba específica poderá solicitar un documento que acredite os coñecementos das áreas de dominio superadas.

 C) Solicitude de inscrición nas probas específicas:

  •  Lugar: Secretaría do centro
  •  Modelo de solicitude: Anexo IV (facilitado polo centro)
  •  Autorización dos proxenitores para menores de idade.
  •  Prazo límite de presentación das solicitudes: xoves 14 de marzo, ás 12:30 horas.

 D) Validez da acreditación: 5 anos.

 E) Realización das probas: 4º ESO, mes de maio / 2º BAC, mes de abril.

 F) Duración da proba específica: Nivel intermedio, 90 minutos / Área de dominio 4, 20 minutos.

A profesora coordinadora das probas informará presencialmente do procedemento ao alumnado.

 Máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42513

No seguinte enlace podes acceder a unha demo para ver o tipo de proba de nivel intermedio https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/gl/demo/examen/4036/pregunta/1/popup

 

SAÍDA Á DOMUS

No día internacional da muller (8 de marzo) a rapazada de FP (1° e 2°) foi á casa do home (a Domus). 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24-25

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

A solicitude de admisión realizarase no formulario normalizado ED550B que estará dispoñible na aplicacións informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal/) e no centro docente.


POSTOS ESCOLARES OFERTADOS EN CADA NIVEL E ETAPA

      CURSO         VACANTES   
1º ESO 22
2º ESO 27
3º ESO 15
4º ESO 23
1º BACHARELATO CIENCIAS E TECNOLOXÍA 1
1º BACHARELATO HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS 5
2º BACHARELATO CIENCIAS E TECNOLOXÍA 7
2º BACHARELATO HUMANIDADES E  CIENCIAS SOCIAIS 20

 

(*) O número de postos escolares por unidade reservados ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) no 1º curso da ESO será de 3.
As prazas reservadas a alumnado con NEAE non adxudicadas asignaranse ao resto do alumnado no procedemento de admisión ordinario (na listaxe definitiva ou, de ser o caso, na adxudicación subsidiaria).

CENTROS  ADSCRITOS
CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
CEIP Luís Seoane (Mera)

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO EN CADA UNHA DAS ENSINANZAS IMPARTIDAS E ÁREAS LIMÍTROFES
En ESO, a área de influencia esténdese pola zona norte do Concello de Oleiros, e abrangue as parroquias de Dexo, Maianca, Serantes, Dorneda e gran parte da parroquia de Liáns, onde está situado o centro.
En BACHARELATO, a área de influencia do centro abrangue todo o Concello de Oleiros.
Mapa das áreas de influencia dos colexios públicos e concertado de Oleiros


SERVIZOS COMPLEMENTARIOS QUE OFRECE O CENTRO:
TRANSPORTE ESCOLAR.
Considerarase usuario con dereito a transporte escolar gratuíto o alumnado escolarizado en niveis de ensinanza obrigatoria cuxos domicilios se encontren fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 quilómetros, calculada utilizando o itinerario máis directo á pé.
Para poder ser usuario con dereito ao servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida, ou contar cun ditame de escolarización forzosa emitido pola Administración Educativa.



ENLACES

NORMATIVA REGULADORA
CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ORDINARIA
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
CRITERIOS DE ADMISIÓN
NOTAS INFORMATIVAS

V ENCONTRO DE COROS ESCOLARES

O xoves 29 de febreiro alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO participaron no V Encontro de Coros escolares organizado polo  IES Afonso X O Sabio no Conservatorio Profesional de A Coruña. Aquí podedes escoitar unha das cancións que interpretamos no encontro e algunhas fotos que tomou La Opinión de A Coruña.

Para ver máis imaxes: https://www.laopinioncoruna.es/fotos/a-coruna-metro/2024/02/29/encuentro-coros-infantiles-conservatorio-musica-98823022.html#foto=1

Para ver o vídeo: https://youtu.be/vp6h_iV73pI

 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2024

ORDE do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).
O contido desta orde e a información complementaria atoparase na páxina web:
https://www.edu.xunta.gal/axudasle

Persoas destinatarias: Alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, matriculado no curso 2023/2024 no réxime xeral de 1º e 2º Bacharelato que cumpra os requisitos establecidos no artigo 3 da orde de convocatoria.
Prazo de solicitude: do 13/02/2024 ata o 12/03/2024 (ambos incluídos)
Solicitude: Realizarase a partir da aplicación dispoñible na páxina web do programa (https://www.edu.xunta.gal/axudasle), non sendo válidas as solicitudes que non procedan deste xeito.
Presentación da solicitude: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Procedemento: ED504B Actividades de formación en linguas estranxeiras.


Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.


Distribuir contido


by Dr. Radut