
Nesta páxina podedes atopar moita información de voso interese: a revista escolar Desde o Faro, cos artigos, entrevistas e vídeos que aportástedes ao longo do ano; tamén podedes ver no apartado de actividades extraescolares, as actividades que se organizaron, que en moitos casos aparecen acompañadas de fotos ou vídeos. Por suposto, pódense consultar tamén as programacións didácticas de todos os departamentos, así como todos os documentos relacionados coa organización do centro, dentro da sección Liña Pedagóxica.
