O triatleta santiagués Antón Ruanova no noso IES

  Fotos dese encontro.

 Este traballo que, durante tres meses realizaron as oito alumnas de 2º da ESO que aparecen na imaxe, culminou nun encontro deste deportista con todo o alumnado de 2º da ESO (atentos e atentas durante dúas horas a todo o que Antón lles contaba).

 Foi o día 21 de marzo cando se levou a cabo esta entrevista. Preparouse unha presentación en ppt para reproducir imaxes, vídeos, unha mensaxe do seu compañeiro Alberto, vídeos coas palabras da nai do protagonista, etc. Todo para conseguir o obxectivo inicial: sorprender e emocionar. Non foi difícil porque Ruanova estivo cercano e moi receptivo en todo momento.

De novo, GRAZAS ANTÓN!