O CAPITÁN DA SD ORDES ENTRÉGANOS UNHA CAMISETA DO EQUIPO

   

Álex Castro, exalumno do noso Instituto e actual capitán do Ordes, visitounos para facernos entrega da camisola do seu equipo, asinada por todos os futbolistas. Colocarémola no muro do instituto no que xa temos unha impresionante colección de camisolas de moitos equipos galegos. Sorte na liga!