Skip to Content

BENVIDA Á NOSA WEB



XA ESTAMOS NA BRETAÑA

Chegamos a Bretaña! Derspois de despedirnos das nosa familias iniciamos a segunda parte da aventura. Para seguirnos a pista podes visitar o blog do intercambio e ver a galería de imaxes que iremos aumentando cada día. C'est parti !

 

BLOG DO INTERCAMBIO

 

  

GALERÍA DE IMAXES

LISTAS DE ADMITIDOS E PRAZOS DE MATRÍCULA (2014-15)

Publicada a lista provisional de admitidos para o curso académico 2014-15. O prazo para formalizar a matrícula será do 25 de xuño de 2014 ata o 10 de xullo de 2014 en horario de 10h00 a 13h00. Pódese matricular aquel alumnado que teña avaliación positiva en todas as materias ou que teña como máximo dúas materias pendentes para setembro . Máis información sobre prazos e documentación.

FOLIADA DE MARZO

FOLIADA DE MARZO

(Clic na imaxe para ampliar)

ENTROIDO 2014

Este Entroido veu cargado dunha actividade febril. O tema central deste ano foron as revolucións. O alumnado traballou arreo para gañar nos diferentes concursos.

GALERÍA DE FOTOS

Facendo clic nas ligazóns ou nas imaxes podedes ver as máscaras gañadoras, os disfraces e as comparsas que levaron premio, as bases do concurso de sobremesas ou os cartaces deste Entroido. Máis abaixo hai algún vídeo-resumo  para ver o ambiente de festa.

 

PREMIOS

1º premio
Sara Vázquez
(2ºESO C)
 Filloas con  marmelo
2º premio
Brais Agrasar
(1ºESO C)
 Tarta de queixo
3º premio
Antía Maneiro
(4ºPDC)
 Filloas de Entroido
Accesit
Noa Sánchez
(1ºESO A)
 Filloas
     
  • CONCURSO DE CARETAS  

1º premio
 Isaac e Samuel
(4ºESO A)
 VER
2º premio
 Paola Agrasar
(3º PDC)
 VER
3º premio
 Brais Agrasar
(1ºESO C)
 VER
     
  • CONCURSO DE DISFRACES  

Individual
 Jocker
(Xoan Teixeiro)
 VER
Parella
 ONU
(Marta Carro e ...)
 VER
Baile
 O nadador
(TSAAFD)
 VER
     
  • ACTUACIÓNS DE GRUPO  

1º premio
Revolucións Históricas
(1ºBACH A-B-C)
VER VÍDEO
MÁIS ABAIXO
2º premio
Revolución musical  
(1ºBACH C )
3º premio
Grandes inventos
(4ºESO A-B)

 VÍDEOS DA FESTA

1) TSAAFD

2) Comparsas

  • 1º premio

  • Outros participantes

 

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro celébrase en toda Galicia o día de Rosalía. Ela naceu o 24 de febreiro de 1837 e dedicou o seu xenio literario a escribir sobre todo poesía en galego ainda que ten obras en castelán e cultivou tamén o xénero novelístico. Foi unha muller adiantada ao seu tempo.

O noso alumnado celebrou esta data con recitados colectivos ou escoitando os seus poemas en voces moi coñecidas. Nestes vídeos tendes varios exemplos.

 

 

SEMANA BRANCA TSAAFD 2014

A estación de esquí Grandvalira acolleu a alumnado de 1º e 2º de TSAAFD do 25 de xaneiro ao 1 de febreiro para realizar unhas prácticas deste deporte. Os obxectivos da actividade son:

  • Descubrir un novo deporte de escorregamento, tanto en snowboard como en esquís.
  • Participar na organización dunha viaxe en grupo.

 Primeiro fixeron un planning de traballo distribuíndo ao alumnado por grupos para conseguir que participaran de xeito activo e así traballaran nos aspectos organizativos dunha saída deportiva, cousa que será moi importante para o seu futuro profesional que xa está moi próximo para o alumnado de 2º.

VER GALERÍA DE FOTOS

CONCERTO DO ALUMNADO DE CARRIL NO AUDITORIO

O alumnado de Carril foi o protagonista dun concerto organizado polo Departamento de Música. O concerto con fins benéficos tivo lugar o sábado día 8 de febreiro no Auditorio Municipal de Vilagarcía. No mesmo participou tanto alumnado que está cursando estudos de secundaria actualmente como ex-alumnos que seguen en contacto co centro. Ademais Andrea Fernández Maneiro presentou o seu espectáculo co apoio do Concello de Vilarcía.

Grupos en cartel: Forvallaina, The Raúl Varela Experience, Nosostras y Él, The Bollis and the Jamis e Néboa.

(para ampliar fai clic no cartaz)

PRESENTACIÓN DE "DESGASTE VITAL" DE PAULO GARCÍA

O noso ex-alumno Paulo García Conde ven de publicar unha novela titulada "Desgaste Vital". 

Despois dunha exitosa presentación no auditorio de Vilagarcía, temos a honra de recibilo no noso centro educativo cun público selecto: o alumnado de 2º de Bacharelato, os participantes no obradoiro de poesía  e os participantes do Club de lectura. 

 

LER A NOVA EN BIBLIOMALVEIRAS           VER GALERÍA DE FOTOS

 

  

ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN EN CENTROS DOCENTES

Entre os días 1 a 20 de marzo está aberto o prazo para solicitar admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato que desexen cambiar de centro educativo.
Sen prexuízo da garantía de permanencia, nais, pais ou representantes legais do alumnado poderán presentar solicitude de admisión noutro centro educativo. Esta solicitude será única e terá carácter vinculante.O alumnado que resulte admitido no novo centro perderá o dereito de per­manencia no centro de orixe.
O alumnado deberá presentar:

  • solicitude de admisión
  • fotocopia do DNI do solicitante
  • certificado de matrícula (1º ESO) ou certificación académica (resto dos cursos) a solicítar no centro onde esté matriculado o alumno no actual ano académico.

A normativa está exposta no tabloleiro de anuncios do centro, e os impresos pódense solicitar na Secretaría.

EXHIBICIÓN DE PATINAXE ARTÍSTICA

O alumnado do TSAAFD disfrutou dunha exhibición de patinaxe artística o venres 14 como complemento á súa formación. Míriam e Nerea, as dúas rapazas que a fixeron, pertencen a un club de patinaxe da área  compostelá, o Club patín Oroso. No vídeo podemos ver unha pequena mostra da súa arte. 

PRESENTACIÓN DO LIBRO "TALLER DE POESÍA"

VER GALERÍA DE FOTOS

O proxecto do TALLER DE POESÍA naceu no curso 2012-13, coa intención dar espazo á creación poética do noso alumnado e está incluído nas actividades do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares que estamos levando adiante no noso centro educativo.

Actuou como coordinador D. Augusto Guedes de Castro, que foi  Director do noso centro durante varios anos e que na actualidade goza dunha xubilación activa e, como podemos comprobar, moi fructífera. Ao longo de varias sesións o grupo participante, que era heteroxéneo, tivo ocasión de reflexionar sobre temas, técnicas, motivacións para escribir e  os resultados acadados foron sorprendentes. Participantes: Antía Maneiro (4ºPDC), Raúl Varela (1ºBAC), Carolina Silva (1ºBAC), Olesya Kanevska (1ºBAC), Candela Vidal (2ºBAC) e Antón Blanco (2ºBAC).

MÁIS INFORMACIÓN EN BIBLIOMALVEIRAS 

O libro TALLER DE POESÍA recolle unha selección de composicións que estes autores noveles presentaron diante dos seus compañeiros o pasado martes, 11 de febreiro (ver vídeo) e que volverán a presentar diante de nais, pais, compañeiros, compañeiras, prensa e todo o público que queira asistir o xoves 13 de febreiro ás 20h na Biblioteca do noso centro. 

RECORTES DE PRENSA

    

13/2/2014                   14/2/2014

CONTOS E LENDAS INGLESAS

Neste mes de febreiro recibimos a visita de Luke, un experimentado profesor visitante ("visitor"). Grazas a el, o alumnado de inglés puido disfrutar de algunhas lendas e relatos orais que a xente contaba ao pe do lume. Tamén nos leu algún conto de Shakespeare. Unha delicia!

 

Luke, o noso profesor visitante

 

  Un trasno (A goblin)
W. Shakespeare  

CURSO DE REANIMACIÓN CARDIO-PULMONAR EN CARRIL

O alumnado do cilo superior en Animación de Actividades Físico-deportivas (TSAAFD) participou nun curso de reanimación cardio-pulmonar impartido por persoal do Hopsital do Salnés.  Podedes ver diferentes momentos do curso facendo clic nas imaxes e ler a novas nos xornais facendo clic nos xornais. Tamén está accesible o vídeo publicado na edición dixital de La Voz de Galicia. Esta actividade completa a formación do noso alumnado capacitándoos para actuar adecuadamente en situacións de emerxencia.

(Para ler as novas, clic nos xornais)

      

(Para ampliar, clic nas imaxes)
 

(Para ver o vídeo, clic na imaxe)

AMOR EN CATRO LINGUAS 2014

Un ano máis celebramos a festa dos namorados cun concurso. O premio paga a pena. Participade!

BASES DO CONCURSO DE CARTAS DE AMOR 

 (Para descargar as bases en PDF clic na imaxe)

1.- Escribe a túa carta de amor (amor de parella, amor de amigos, amor de familia...) en calquera das catro linguas que se imparten no centro: galego, castelán, francés ou inglés.

2.- O xurado valorará o contido, a corrección na lingua empregada e a presentación.

3.- Haberá dúas modalidades en cada lingua (E.S.O. e Bacharelato e Ciclo) cun premio por lingua.

4.- Os premios consistirán en entradas de cine.

5.-As cartas non irán asinadas e acompañaranse dun sobre pechado cun alcume. Dentro figurarán os datos persoais: nome, apelido, curso e alcume. 

6.- As cartas deixaranse en conserxería ata o venres 14 de febreiro.

7.- O fallo do xurado comunicarase durante a festa do Entroido.

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro celebramos no noso instituto o "Día escolar da paz e da non violencia". Para celebrar este evento situaronse uns paneis na entrada principal cheos de mensaxes de paz en relación coa guerra en Siria e máis con situacións da nosa vida diaria. O alumnado aportou os seus proprios desexos de paz.

(Para ver a seguinte diapositiva, fai clic na imaxe).

VER GALERÍA FOTOGRÁFICA

FOLIADA DE FEBREIRO

Este martes celebrouse unha nova edición das Foliadas de Carril. Botade unha ollada a estas imaxes da festa. Unha ledicia!  

GALERÍA DE FOTOS       

RECOLLIDA DE TÍTULOS ACADÉMICOS

O alumnado que rematou os seus estudos no noso Instituto o curso 2010-11 ou anteriores pode pasar a recollelos pola secretaría do centro educativo.

O TSAAFD VISITA O HANGAR DO HELICÓPTERO DO SERVIZO DE GARDACOSTAS DE GALICIA

VISITA CON DATA 21-1-2014 DOS ALUMNOS DO 2º CURSO DO T.S.A.A.F.D. AO HANGAR DO HELICOPTERO PESCA 1  DO SERVICIO DE GARDACOSTAS DE GALICIA, EN PEINADOR

Estivemos catro horas nas súas instalacións, un hangar do aeroporto de Peinador; a visita foi todo un éxito grazas á estreita e desinteresada colaboraciòn de Micky, Xavi, Luis e Rubén ( copiloto, operador de guindastre e rescatadores )

Formaron catro grupos de traballo que rotaban co cronograma seguinte:

  • 1º GRUPO: Protocolo de activación da emerxencia, Briefing das misións SAR e procedementos de emerxencia.
  • 2º GRUPO: Equipos de vóo e navegación, características e sistemas do helicóptero.
  • 3º GRUPO: Equipo persoal de rescatador, Equipos SAR (padiola, cesta, cincha, botiquín…)
  • 4º GRUPO: Equipo SAR (guindastre de rescate, cámara FLIR, Nightsun)

Simplemente, como profesores do ciclo, mostrar a nosa gratitude en materia formativa aos nosos alumnos. Esperamos unha futura colaboración co módulo de Salvamento Acuático pola valiosa contribución desta visita a un novo mundo: a do rescatador acuático.

Como última reseña, destacar que o noso ex-alumno RUBÉN LIJÓ, da segunda promoción do ciclo, era un dos rescatadores que traballan no helicóptero e que foi para nós, como profesores, toda unha satisfacción atopalo no seu lugar de traballo.

Profesorado do TSAAFD 
 
VER GALERÍA DE FOTOS

SESIÓN DE ZUMBA CO TSAAFD

O alumnado do TSAAFD monitorizou unha divertida sesión de zumba no hall do 1º andar do instituto. Esta actividade forma parte das prácticas profesionais e contribue a afianzar a formación recibida nas aulas.

Para o resto do alumnado do instituto é un momento de pura diversión. Podedes volver a disfrutar deses momentos recollidos neste pequeno vídeo. 

 

 

 

 

PROGRAMA ANTES DAS VACACIÓN DE NADAL

  • Xoves 19: Zumba con TSAAFD

No 2º recreo o alumnado do TSAAFD organiza unha macrosesión de zumba no vestíbulo do 1º andar. Quedades todos convidados a participar!

  • Xoves 19: Cimena para o alumnado de Relixión

O mesmo xoves, de 11h ás 14h, todo o alumnado de Relixión asiste á proxección da película"El verano de sus vidas". 

  • Venres 20: Fin do 1º trimestre

Ese día temos clase ata as 14h35 e os titores entregan as notas ao longo da mañá. Voltaremos ás aulas o xoves 9 de xaneiro. 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut