Skip to Content

DE MUSEOS: LEÓN, SEGOVIA, TOLEDO E MADRID

Versión para impresoraVersión para impresora

 

(clic na imaxe para agrandar)

Entre o 20 e 0 22 de decembro o alumnado de 2º de Bacharelato, acompañado de Esther Dasilva e de Augusto Guedes (profesor emérito do noso instituto) fixeron unha viaxe do que achegamos unha galería de imaxes e un  fantástico resumo: 

     "Facía sono eran case as as cinco da madrugada. Na parada, xunto o IES esperábannos os pais xunto cos  alumnos de 2º de Bacharelato. O bus de Pereira,que seria a nosa casa durante os tres vindeiros días, xa ronroneaba suavemente. Ilusión nas caras, mentres a mirada escollía o sitio para sentarse ao lado dos colegas. Diante a estrada longa que nos levaría a Madrid. Despedidas e os derradeiros consellos e por fin na noite foi desaparecendo Carril mentres o autobús gañaba velocidade. O motor era como unha vella nana que nos agarimaba invitándonos a durmir. Tras os cristais aínda non amañecera.
     Unha parada biolóxica en Valcarce e  a claridade do día xurdiu alá polas terras ponferradinas. León foi a seguinte parada. Cruzar a muralla e rapidamente San Isidoro,  que visitamos acompañados pola guía que nos mostrou o Museo e a Cripta. Unha pequena descrición das portadas e da igrexa e imos a Catedral.
     Despois de repoñer forzas ás 13,30 de volta no bus. O destino era Segovia e queríamos chegar antes do peche da Catedral. Despois dun duro ascenso chegamos a catedral, dimos unha volta e admiramos os seus orgullosos pináculos. Parece que as catedrais puxéronse de acordo para cobrar unha entrada por visitalas. Baixamos ata o Acueduto para dar un agarimoso saúdo as súas pedras milenarias. Ceábamos en Segovia, despois da cea, camiño de Pinto, onde estaba o noso hotel. Cansados despois desta xornada fumos para as habitacións fixando a hora do almorzo nas oito da mañá
     Saímos para Toledo, despois de rodear a cidade para degustar a fermosa vista de imperial Toledo desde os Cigarrales, baixamos do bus fronte a porta Bisagra. Ascendemos ata a Praza de Zocodover e desde alí  fumos á Catedral. Un tempo para perderse nas rúas toledanas e recuperar folgos.
     As 15,15 baixamos da cidade e despois de atravesar o Texo pola Ponte de San Miguel  saímos de Toledo para ir ao Reina Sofía. Tíñamos unha cita coa Arte Contemporánea. Alí, con certa frustración, soubemos que parte da obra surrealista do museo estaba en París. En fin cousas que pasan. Tocaba cear no Pinto.
     O día seguinte despois do almorzo tocábanos a visita ao Prado. Formamos dous grupos para poder visitar o museo. Vimos parte da colección do museo en especial a obra de Velázquez e Goya. O autobús recóllenos  no Paseo do Prado e  lévanos á rúa Sevilla para poder achegarse ata á Porta do Sol. As 16,00 uns poucos fomos a ver a exposición temporal de Gauguin no Museo Thyssen.
De alí o autobús Pereira volvería a ser o noso niño ata Vilagarcía."
 
GALERÍA DE IMAXES
DE MUSEOS: LEÓN, SEGOVIA, TOLEDO E MADRID


image | by Dr. Radut