Skip to Content

O CICLO (TSAAFD) NO XORNAL

Versión para impresoraVersión para impresora

O xornal "La Voz de Galicia" pasou polo noso centro para falar do Ciclo Superior (TSAAFD) co profesorado. Esto é o que publicaron:

Un camiño cheo de ilusión 

LER NO XORNAL

A mediados dos noventa o Departamento de Educación Física empeza a preparar un novo proxecto: o Ciclo Superior de Actividades Físicas. Profesores moi noviños trasladaban os seus coñecementos ás aulas. Non tiñamos deseños curriculares adaptados, pero con moito esforzo e a madurez dos nosos alumnos todo foi rodando. O centro de Bamio foi a primeira aula teórica e o propio pavillón do noso instituto a aula práctica. Co paso do tempo e a grande acollida dos estudos foi necesaria a creación dun novo pavillón. Hoxe en día, ademais das propias instalacións contamos coa pista de Atletismo, a piscina municipal, as pistas de tenis? E é fácil tamén ver aos nosos alumnos na praia e nos parques practicando todo tipo de deportes na rúa. A actividade académica, dende sempre, foi complementada con actividades formativas dentro e fora do centro: o Camiño de Santiago en bici, saídas á neve en Andorra, a semana verde en Picos de Europa onde facemos rappel, rafting, escalada e outros deportes de natureza, visitas a exposicións como á Barcelona Body´s exhibition, participación en eventos deportivos, asistencia partidos, paintbal. Sen olvidar as clases maxistrais de expertos noutras disciplinas: nutrición, primeiros auxilios, salvamento acuático, esgrima, capoeira. E as visitas dos nosos grandes: Antón Paz, Pepe Casal, Jordi Aragonés, Gustavo Cesar Veloso. Cada ano 30 alumnos, e a demanda medra. Levamos xa 18 anos de andaina e seguimos coa ilusión do primeiro día.

Conchi Pérez



story | by Dr. Radut