Skip to Content

EXCURSIÓN Á ILLA DE ONS

Versión para impresoraVersión para impresora

Excursión 1º e 2º ESO ( Ons, maio de 2016)

Ás 9:15  subimos aos buses que nos trasladaron ata Portonovo onde profesores, alumnos e guías embarcamos  para visitar a illa de Ons. A travesía foi espléndida pois  aínda que había ameaza de chuvia  tivemos sorte e  logo dunhas pingueiras o día clareou, fixo calor e incluso despois de comer puidemos baixar ata a praia para xogar, meter os pés na auga, ¡que fría estaba!,  e descansar. 

Dende a cuberta do barco, alí decidiron sentarse alumnos e profesores, gozamos da fermosa paisaxe da ría de Pontevedra  e incluso nalgún momento vimos: Ons de fronte,  Sálvora á dereita e Cíes á esquerda.

Chegamos a Ons sobre as 11:15 e acompañados por dous guías, un con cada  grupo, percorremos  a chamada “ruta do faro” que nos levou hora e media. Cada pouco faciamos algunha parada para que o guía puidese darnos moitas  e moi diversas explicacións sobre a illa tales como:   que administrativamente pertence ó concello de Bueu, que no inverno queda practicamente deshabitada, que ata o ano 899 foi propiedade dos reis de Galicia que a doaron ó arcebispo de Compostela, que a partir do s. XVI pasa a ser propiedade particular, que en 1982 foi transferida á Xunta de Galicia e que na actualidade forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, que os habitantes da illa nunca foron propietarios das súas terras, que hai multitude de lendas relacionadas coa “Santa Compaña”…. Tamén nos explicaron a importancia da pesca do polbo, que  Ons alberga unha importante colonia de aves mariñas tales como as gaivotas patiamarelas e  os corvos mariños cristados, que na actualidade está cuberta case na súa totalidade  por matogueira (toxo principalmente)….

Algúns alumnos  pensaban que visitariamos  o denominado “Buraco do Inferno” pero non foi posible pois este percorrido duns 6 Km levaríanos dúas horas e media.

As 17:00 embarcamos de novo ata Portonovo onde nos esperaban os buses nos que volvemos ao instituto, xusto cando remataban as clases.  

VER GALERÍA DE FOTOS



story | by Dr. Radut