Skip to Content

Complementarias

O ALUMNADO DE 2ºESO VISITA A EXPOSICIÓN SOBRE A PRIMEIRA LINEA FERREA DE GALICIA

O martes 21 de novembro entre as 16.30 e as 17.50 h. o alumnado de 2° ESO,  acompañado polas súas
profesoras do Proxecto competencial, Xeografía e Historia e Lingua castelá e literatura, realizou unha visita guiada
por Carlos Abellán á exposición que comemora o 150ª aniversario da primeira liña férrea de Galicia entre Cornes e O Carril  (instalada temporalmente nas dependencias de  O Gato Negro).
Por certo, este edificio era a casa consistorial do  antigo concello do Carril.

OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN

Un ano máis o alumnado de 2° ESO desfrutou dun Obradoiro de Ecopercusión e o de 1° Bach de Linguaxe e Práctica Músical e Artes Escénicas dun Obradoiro de percusión corporal a cargo de Didier Diaz . Como sempre, unha experiencia fantástica!

https://youtu.be/dFz_Zd5pV6c

O ALUMNADO DE FRANCÉS PARTICIPA NO FIESTINEMA 2023

Hai uns días o alumnado de francés de 2°, 3° e 4°ESO asistiu ao Fiestinema Junior organizado pola embaixada francesa en Compostela.
Vimos a película "SEULS", dirixida por David Moreau a partir da adaptación dunha banda deseñada para o cine. A verdade é que nos mantivo en suspense todo o tempo e que nos deu moito que debater á saída.

VER VÍDEO


Aproveitamos a viaxe a Compostela para facer unha visitiña ao museo das peregrinacións e para percorrer as rúas do casco histórico buscando informacións sobre a cidade para completar a nosa folla de ruta. O mellor de todo: cada tres etapas, un premio terrorificamente doce. E, ao final, trofeo para os mellores equipos.
Aprendemos unha chea de cousas e pasámolo suuuuper ben!

Música: "Possible", de Jeff Kaale.

OLIMPIADA MATEMÁTICA

O Xoves 27 de Abril tivo lugar en Pontevedra a fase de zona da Olimpíada Matemática Galega para 2ºESO e este foi o alumnado participante. 

Para ampliar/descargar as imaxes preme sobre elas.

O BACHARELATO VISITA A FEIRA DA EDUCACIÓN EN VIGO

O noso alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de Artes acudiu o pasado 14 de marzo á Feira de Educación e Ensinanzas Artísticas e Profesionais no Auditorio Mar de Vigo e posteriormente, á Facultade de Belas Artes en Pontevedra. Foron unhas visitas guiadas moi interesantes e inspiradoras!! 

UN DÍA DA PAZ MOI MUSICAL

CELEBRAMOS A "CHANDELEUR"

O departamento de francés organizou o 6 de febreiro unha actividade complementaria pola festa da "Chandeleur" (a Candelaria en España). En todos os fogares franceses as familias xúntanse o 2 de febreiro para facer as crêpes igual que nós nos xuntamos en Galicia no Entroido para facer as filloas.

No noso instituto quixemos recrear esa tradición grazas á colaboración dun formidable crêpeiro bretón que pasou toda unha mañá a preparar este rico postre para o noso alumnado. Vaia para el o noso agradecemento. A rapazada tivo que preparar a súa propia crêpe e falar en francés. Pasárono xenial. E para mostra aquí quedan estas imaxes.

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA A DIGITAL WEEK

Os documentos anexos inclúen información sobre:

  • horarios
  • actividades
  • normas académicas e de convivencia
  • recomendacións (roupa, alerxias,...)

Tamén conteñen formularios a rechear polas/os nais/pais/titoras/as do alumnado participante.

É necesario informarse ben con todos estes documentos.

DIGITAL WEEK 2022– SEMANA DIXITAL 2022

Quen participa?

O alumnado de 3º ESO.

 

En que consiste?

Este é un programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais no que se fomentará a actividade física, a socialización e o coñecemento cultural e tecnolóxico galego cunha metodoloxía adecuada á etapa educativa correspondente.

 

Cando e onde?

Do 13 ao 19 de novembro o alumnado dos diferentes centros seleccionados convivirá nun centro residencial situado na Comunidade Autónoma de Galicia en réxime de internado.

 

Canto custa?

O programa está totalmente subvencionado pola Consellería de Educación. As familias encargaranse do traslado do alumnado ao centro residencial así como da súa recollida ao remate do programa e terán que asumir os gastos derivados destes desprazamentos.

 

Como solicitar unha praza?

O alumnado interesado deberá entregar na Vicedirección do IES O Carril o impreso de solicitude debidamente asinado até o día8 de setembro.

 

Resolución:

En caso de ser seleccionado para participar neste programa, o centro disporá dun máximo de 25 prazas. Se hai máis de 25 solicitudes de participación, realizarase un sorteo público para cubrir o tope de prazas ofertadas.  

En canto a Consellería resolva se o IES O Carril forma parte ou non dos centros seleccionados, as familias solicitantes serán informadas desta resolución.

 

Para máis información, consulte a convocatoria:

 https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/29_06_22_digitalweek-publicos_final_asinada.pdf

PUBLICACIÓN DO PROXECTO "ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS" DO CURSO 20-21

Na Revista Galega do Ensino (EDUGA) saíu publicado este proxecto de interés social levado a cabo no noso instituto o curso pasado polo alumnado de 3ºESO, guiado polo profesorado que á súa vez foi coordinado pola profesora de galego Iria Mariño.

Se queres saber máis sobre este excelente traballo, podes ler a revista facendo clic nesta imaxe:

Distribuir contido


by Dr. Radut