Benvida á web do IES Moncho Valcarce

                           

 

 

 

 

 

 

       Instituto de Educación Secundaria Moncho Valcarce

          Rúa de José María Penabad López, s/n. 15320 As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

           Teléfono 881 93 00 55   –   Fax 881 93 00 64   –   ies.moncho.valcarce@edu.xunta.gal

 

                     Horario de atención ao público: de 08:30 a 14:10 h, de luns a venres (Secretaría: 881 93 00 56)

 

 

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

Convocatoria de bolsas de estudo ["becas"]

 

para o próximo curso 2024-2025

 

 

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

 

Admisión de alumnado para o próximo  curso 2024-2025

 

  • No taboleiro de anuncios do centro están expostas as listas do alumnado dos centros adscritos que reservou praza para o próximo curso en 1.º ESO e 1.º bacharelato.
  • Todo o alumnado que reservou praza está admitido.
  • O prazo de solicitude de admisión (alumnado que non reservou) é do venres 1 ao mércores 20 de marzo, ambos inclusive.
  • Postos escolares vacantes a 29 de febreiro de 2024:
      • 1.º ESO: 24.
      • 2.º ESO: 15.
      • 3.º ESO: 13.
      • 4.º ESO: 23.
      • 1.º bacharelato de Ciencias e tecnoloxía: 32.
      • 1.º bacharelato de Humanidades e ciencias sociais: 12.
      • 2.º bacharelato de Ciencias e tecnoloxía: 34.
      • 2.º bacharelato de Humanidades e ciencias sociais: 17.
  • Máis información na secretaría do centro: 881 93 00 56 (de 08:30 a 14:10 h).

 

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------  

 

 

 

CALENDARIO DE EXAMES DE PENDENTES DA 3ª AVALIACIÓN

 

 BACHARELATO: Semana do 22 ao 26 de abril

ESO: Semana do 21 ao 24 de maio

 

 

 

OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA

 

 

Durante o día 19 o noso alumnado puido disfrutar dun taller de papiroflexia a cargo de Teresa Otero, docente xubilada de matemáticas. O noso alumnado sumerxiuse no mundo do papel, onde cada doblez e cada ángulo é unha lección de matemáticas. Descubriron a beleza das simetrías, exploraron as propiedades dos polígonos e enfrontáronse ao reto de visualizar formas a través dun simple cadrado de papel. O taller fomentou a creatividade e a destreza mental de todos os que alí estiveron.

 

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN SEXUAL

 

A asociación SEDRA ( Federación de planificación familiar) realiza  programas de sensibilización, formación e acompañamento en sexualidade e saúde sexual para a mocidade.Este obradoiro trata a prevención da violencia dixital de xénero. É necesario que o alumnado descubra a realidade que se esconde detrás das novas tecnoloxías e os perigos e delitos nos que pode incurrir.  O alumnado precisa  formación e asesoramento en saúde sexual integral  para exercer con autonomía a súa vida sexual e reprodutiva.

 

DÍA DA POESÍA

 

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, unha data que serve para lembrar a importancia da palabra poética, e para espallala.  Neste sentido, o noso alumnado creou diversos poemas, uns vangardistas e outros máis tradicionais, para achegarse a ela de forma creativa e divertida.  Se vos gusta escribir, non deixedes de expresarvos con poemas!

 

PALITROQUES

 

No día 14 de Marzo, o departamento de matemáticas, en colaboración do clube de ciencias, trouxo ao centro o taller de palitroques. Como celebración do día das matemáticas, o noso alumnado de 2ºEso puido disfrutar dunha visión máis cercana da xeometría, creando distintas construcións en tres dimensións, desde pirámides, prismas, arcos ata cúpulas xeodésicas.

SEMANA DAS MATEMÁTICAS

 

 Durante a semana do 11 ao 15 de Marzo a comunidade educativa do Ies Moncho Valcarce puido contemplar nos corredores do centro distintos cartaces con información relevante das matemáticas e a súa aplicación á vida diaria, así como unha exposición de xogos de lóxica.  A maiores o alumnado dos distintos cursos tamén axudou a crear infografías de matemáticos famosos ao longo da historia.

MASTERCLASS FÍSICA DE PARTÍCULAS

 

 

Tres alumnos e máis a profesora de Física desprazáronse a Facultade de ciencias da UDC para asistir á Masterclass de física de partículas organizada polo IGFAE e UDC. Durante o día  tratanse contidos sobre física de partículas impartida por doctorados e científicos que traballan en diversos proxectos dependentes do CERN , o alumnado participa dunha nunha identificación de distintas partículas ( neutrinos, positróns etc...)e durante a tarde intercambiaronse e analizaronse  datos via videoconferencia en inglés con alumnado procedente doutros centros educativos  ( Madrid, Irán, Atenas , Marruecos ) e investigadores do CERN.

A actividade achega o traballos de investigación actuais e punteiros no campo da Física  de partículas ao alumnado de bacharelato que está a descubrir en 2ºBach os campos de física cuántica e relativista en aplicación ao estudio do universo e do mundo microscópico. Todo iso de man de investigadores , moitas veces anónimos ,pero cunha pegada social indispensable para o desenvovemento tecnolóxico ,social e económico . Recordamos así que sen ese traballo e inversión en recursos humanos e económicos non poderíamos ter , por exemplo aWWW (World Wide Web) ,  aplicacións tecnoloxías como PET para diagnose de algúns tipos de cancro etc...

 

 

CONCURSO ODISEA 2024

 

 

O noso alumnado do Bacharelato de Humanidades participou de novo no Concurso Odisea, organizado pola Sociedade de Estudos Clásicos, na Sección galega: 315 equipos de 50 centros galegos navegaron pola red enfrontándose ás preguntas publicadas na página web do concurso os días 15, 16, 17 y 18 de xaneiro. Os nosos equipos do Moncho, “los Dióscuros” y “Los tres Olímpicos”, como modernos héroes, buscaron as respostas achegándose aos coñecementos sobre A alimentación en Grecia e RomaUnha experiencia moi positiva: no mes de marzo Carla, Ismael, Loisla, Alejandro e Antón recibiron os premios polos seus bos resultados na clasificación local. Parabéns!

 

NOMEALAS PARA EXISTIREN (8 M)

 

Para celebrar este ano o 8 M, o Día Internacional da Muller, o Departamento de Normalización Lingüística co apoio da Biblioteca do centro e o Departamento de Galego, pretende homenaxear ás nosas mulleres coa actividade que leva por nome “ As nosas mulleres, nomealas para existiren”.

 Nesta actividade, o alumnado realizou unha infografía sobre aquelas mulleres do concello das Pontes , de onte e hoxe, pioneiras por desempeñar actividades habitualmente consideradas de  homes, por ser as primeiras en acceder ao mundo da cultura, por ser pioneiras en conseguir recoñecementos nos diferentes ámbitos sociais e do saber, ou simplemente por ser mostra de coraxe ante situacións adversas.  Grazas ao traballo de investigación realizado polo alumnado, a quen felicitamos polo seu traballo, fomos quen de poder expoñer na entrada principal do instituto un recoñecemento a todas elas, coa súa foto, datos biográficos  e logros acadados por elas.

  

ORIENTACIÓN ACADÉMICA: CHARLA SOBRE A ABAU

 

Francisco Javier López González, profesor e asesor da universidade de Santiago de Compostela, no campus  de Lugo foi o encargado de impartir a charla dentro do programa “ A ponte entre o ensino medio e a universidade”. O alumnado recibiu información sobre como se realizan  as probas de ABAU e como se fai a inscripción na universidade.Tamén realizou un percorrido virtual pola universidade de Santiago de Compostela.  É necesario que o alumnado reciba información sobre os estudos superiores para que coñeza as diferentes ofertas educativas e poda tomar decisións de xeito autónomo e reflexivo.

 

Distribuir contido