Skip to Content

APLICACIÓN PARA O ALUMNADO DE SEGUNDO DE BACHARELATO: QUE ESTUDAR E ONDE NA UNIVERSIDADE

Esta aplicación para o móbil creouse para os estudantes que queren acceder ás universidades españolas. Inclúe información que lles pode ser de utilidade no momento de decidir que titulación estudar e onde cursala.

Os datos extraéronse do Rexistro de Universidades, Centros e Títulos e do Sistema Integrado de Información Universitaria.

A información dispoñible nesta aplicación debe ser considerada exclusivamente a título informativo e orientador, tendo en conta que non ten validez oficial e por tanto non debe ser utilizada con ese carácter.

Máis información --> aquí

Aquí tedes un titorial

PROGRAMA MUNICIPAL DE BOLSAS USA 2024/25

PROGRAMA MUNICIPAL DE BOLSAS USA 2024/25 que teñen por obxecto posibilitar a estadía nos EEUU para cursar o equivalente a 1º de Bacharelato, ao alumnado que cumpra as seguintes condicións:
• Estar en posesión do documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro (NIE).
• Residir e estar empadroado co seu pai, ou nai, ou representante legal, no momento da solicitude, no Concello da Coruña.
• Estar matriculado e cursando 4º de ESO, nun centro escolar do Concello da Coruña, no presente curso 2023-2024.
• Contar no curso de 3º da ESO, cunha cualificación media de 6 puntos ou máis, e non ter ningunha materia suspensa.
• Contar no curso de 3º da ESO, cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés).

O prazo de solicitude das bolsas permanecerá aberto dende o día 23 de outubro ata o 6 de novembro, ambos incluídos.

Máis información:

Carta Bolsas USA 23-24

MATRÍCULA NAS PROBAS LIBRES DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

Instrución 11/2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional na que regúlanse as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime libre para o curso 2023/24.

Prazo de inscrición: do 2 ao 20 de outubro de 2023

Máis información: Instrución 11/2023 

 

IES MONELOS ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO

Este curso académico o noso instituto foi seleccionado como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, dentro do programa educativo que leva adiante a Dirección Xeral de Comunicación da institución.Este programa ten por obxecto estimular o coñecemento de Europa e da democracia parlamentaria entre os mozos e mozas, proporcionándolles un coñecemento activo da Unión Europea e do Parlamento Europeo en particular, á vez que se lle ofrece ao alumnado a oportunidade de experimentar a cidadanía europea.

A través del, a comunidade educativa do IES Monelos xunto co alumnado e diversas organizacións partícipes realizarán actividades ao longo do curso relacionadas con estas institucións, onde se traballarán os materiais proporcionados polo programa e fomentarase a creatividade dos nosos e nosas estudantes. Ademais manterase un InfoPoint físico e un InfoPoint dixital con información actualizada que presente as novidades máis relevantes para eles e os seus procesos educativos tanto do Parlamento como da UE. 

Tamén dentro das actividades que realizaremos ao longo do curso, celebraremos con toda a comunidade o Día de Europa.

É para nós un orgullo o ser seleccionados de entre todas as candidaturas españolas y europeas como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo e iniciaremos así xunto a todos vós un proxecto ilusionante que nos acompañará nesta senda de aprendizaxe sobre a realidade actual, os valores e a cidadanía europeas.

Aqueles alumnos e alumnas interesados en participar, escribide un correo cos vosos datos a: parlamentoeuropeo@iesmonelos.edu.es. Animádevos que vai ser moi interesante!

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

PRIMEIRO DE ESO

SEGUNDO DE ESO

TERCEIRO DE ESO

CUARTO DE ESO

PRIMEIRO DE BACHARELATO

SEGUNDO DE BACHARELATO

Importante: Houbo un cambio no ISBN no libro de terceiro de ESO de Física e Química.

Importante: Cambios nos libros de Lingua Castelá de 2º ESO (ISBN 9788448640422) e 4º ESO (ISBN 9788448640477).

Importante: O ISBN do libro de Anatomía de Primeiro de Bacharelato cambiou porque é a edición con tapa blanda e así abarata o seu prezo pero son validos tamén os que están comprados do curso pasado.

DATAS MATRÍCULA CURSO 2023-2024

Os días asignados a cada curso para entregar o impreso de matrícula e a documentación solicitada serán os seguintes:

- 1º/2º Bacharelato: 26, 27 e 28 de xuño

- 3º/4º de ESO: 29 e 30 de xuño

- 1º/2º de ESO: 3 e 4 de xullo

- Os días 5, 6 e 7 de xullo poderanse matricular aqueles alumnos/as que non poidan formalizar a matrícula nas datas indicadas.

IMPORTANTE: para a elección de materias optativas terán prioridade os alumnos/as que se matriculen nas datas asignadas ao seu curso. As materias propias da modalidade non son consideradas materias optativas. As materias de 4 horas e a alternativa á relixión - 1 hora- deberán ser numeradas por orde de preferencia. Serán asignadas sempre que seña posible en función da dispoñibilidade de profesorado e das aulas nas que serán impartidas. No caso de que non poda ser así o alumnado será ordeado alfabéticamente comezando por aqueles cuxo primeiro apelido comece pola letra V. Todo isto coa excepción daquelas optativas de 2º de Bacharelato que sexan continuación doutra de 1º de Bacharelato, xa que neste caso terá prioridade aquel alumno/a que a cursara en primeiro.

O HORARIO de entrega da documentación na Secretaría para todos os días será desde as

10:00 ata as 13:00 horas.

IMPRESOS: teñen que presentar o impreso de matrícula (coa documentación que especifica este) e o das autorizacións.

ESO BACHARELATO

IMPRESO MATRÍCULA

IMPRESO AUTORIZACIÓNS

IMPRESO MATRÍCULA PRIMEIRO DE BACHARELATO

IMPRESO MATRÍCULA SEGUNDO DE BACHARELATO

IMPRESO AUTORIZACIÓNS

Horarios exames extraordinarios Bacharelato

Nas seguintes táboas tedes as datas de celebración dos exames extraordinarios de primeiro e segundo de Bacharelato.

Tede en conta que houbo un cambio de datas do exame de Historia da Arte de segundo.

BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

BENEFICIARIOS: Alumnado que presente necesidades específica de recibir apoio educativo derivado de algunha das seguintes situacións:

- DISCAPACIDADE

- TRASTORNO GRAVE DE CONDUTA, TRASTORNO GRAVE DA COMUNICACIÓN OU DA LINGUAXE

- TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA

- ALTAS CAPACIDADES

AS SOLICITUDES CÚBRENSE através da SEDE ELECTRÓNICA do Ministerio de Educación

PRAZO DE SOLICITUDE: Finaliza o prazo o 20/09/2023

ENTREGA DE SOLICITUDES: No Departamento de Orientación do IES MONELOS

IMPORTANTE: Este ano, como novidade, todos os alumnos/as que teñan as necesidades de apoio educativo recollidas na convocatoria Terán dereito a recibir un importe de 400 Euros para oque non se terá en conta o límite de renda establecido para as axudas

MÁIS INFORMACIÓN: aquí

Becas Curso 2023-2024

Estas BOLSAS pódenas solicitar os/as alumnos/as que para o vindeiro curso 2023/2024  teñan pensado cursar os seguintes estudos:

-  BACHARELATO

-  FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR

-  FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

-  ENSINANZAS ARTÍSTICAS

-  ENSINANZAS DEPORTIVAS

- OUTROS ESTUDOS (ver información na páxina web)

 

PRAZO DE SOLICITUDE

O prazo de solicitudes será do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023

MÁIS INFORMACIÓN--> aquí

XXIX XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E PROFESIONAL (XOUP)


Estas xornadas organízanas o Concello da Coruña e a Universidade da Coruña para dar a coñecer os estudos universitarios impartidos nas tres universidades públicas de Galicia (UDC, USC e UVIGO), os Estudos Superiores de deseño e Arte dramático que se imparten nas EASD de Galicia, así como os ciclos de Formación Profesional que se ofertan nos centros públicos da Coruña.

  • Do 20 ao 24 de marzo: presentación dos estudos universitarios na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos (Campus de Elviña). Tamén haberá unha mesa sobre os estudos militares e de policía.
  • Do 27 ao 30 de marzo: visitas aos centros públicos de FP da cidade para coñecer a oferta de ciclos formativos.
  • O 30 de marzo: presentación dos Estudos Superiores de Deseño, Arte dramática e Restauración na EASD Pablo Picasso.

INSCRICIÓN  
                           

A solicitude en liña faráa directamente a persoa interesada en acudir ás xornadas a través desta da ficha de inscrición que figura neste enlace https://edu.coruna.gal/coruna_educa_familias/xoup_2023/ indicando o centro educativo ao que pertence, as mesas e visitas ás que quere acudir, así como os seus datos persoais.
Unha vez feita a solicitude, a aplicación elabora un pdf confirmando a inscrición, no que se incorpora a credencial de acceso ás XOUP. Este PDF envíase ao correo electrónico indicado no formulario.

PRAZO

 ACCESO ÁS XORNADAS

O alumnado ten que presentar a credencial correspondente para poder acceder ás XOUP.A organización pode solicitar que a persoa asistente acredite a súa identidade cun documento oficial.
As sesións das mesas universitarias publicaranse a posteriori na canle de Youtube: @CorunaEducaMemoria
Durante a semana do 20 ao 24 de marzo haberá un punto informativo na sede das XOUP atendido por persoal da Rede Municipal de Información Xuvenil e do Servizo de Estudantes da UDC

MÁIS INFORMACIÓN:


-DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut