Skip to Content

PROBAS ESPECÍFICAS PARA ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS DIXITAIS

PROBAS ESPECÍFICAS PARA ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS DIXITAIS

 

Aberto o prazo de inscrición nas probas específicas para acreditación voluntaria de competencias dixitais do alumnado. A validez da acreditación acadada é de 5 anos.

 

Dirixido a:

  • Alumnado de 2º de Bacharelato: para acreditación da área de dominio 4 do nivel intermedio, ComDix Intermedio (o resto de dominios acádanse automaticamente ao titular en bacharelato)

  • Alumnado de 4º ESO: para acreditación do nivel intermedio, ComDix Intermedio (o nivel de iniciación acádase automaticamente co título da ESO, sen necesidade de proba)

     

Datas de realización das probas:

  • 2º Bacharelato: abril de 2024

  • 4º ESO: maio de 2024

     

Prazo e presentación de solicitudes:

 

As solicitudes faranse empregando o anexo IV que se atopa dispoñible na secretaría do centro, o prazo remata o 15 de marzo de 2024

 

Erasmus + (FP Básica e Ciclo Medio)

Dende a Dinamización de Programas Internacionais, infórmase que queda aberto o prazo para participar en mobilidades para alumnado que estea cursando 2º curso de FP Básica e Ciclo Medio (2023-KA121-VET) ou para recentemente titulados no curso pasado (2022-2023). O obxectivo destas mobilidades é realizar mobilidades combinadas de FCT nun país estranxeiro ou unha estadía nunha empresa ou institución de FP.

ADMISIÓN DE ALUMNADO - CURSO 2024-2025

INSTRUCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO ACADÉMICO 2024-2025.  

- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ORDINARIAS DE ADMISIÓN (ED550B) :  DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2024  

- FORMA DE PRESENTACIÓN :  PRESENCIAL NO CENTRO DOCENTE DE PRIMEIRA ELECCIÓN , OU DE FORMA TELEMÁTICA EN https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ 

* PREMER EN "LEER MÁIS" PARA VER PRAZAS VACANTES

Publicación acta definitiva Erasmus+ (2022-1-ES01-KA131-HED-000064182)

Queda publicada no taboleiro de anuncios do centro a acta definitiva de profesorado seleccionado para ser beneficiario dunha mobilidade baixo o proxecto Erasmus+ 2022-1-ES01-KA131-HED-000064182, de acordo co artigo artigo 13.4 da Resolución do 27 de decembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establece o procedemento para a tramitación de mobilidades de profesorado de ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional dos centros educativos que forman parte do consorcio do proxecto Erasmus+ 2022-1-ES01-KA131-HED-000064182  e persoal da Dirección Xeral de Formación Profesional de Formación Profesional.

Distribuir contido


by Dr. Radut