Skip to Content

Congreso de Convivencia e Benestar Emocional

No día de onte parte do claustro acudiu ao 'Congreso de Convivencia e Benestar Emocional'.

Unha música no insti!

"Unha música no insti" é o último proxecto da artista multidisciplinar Laura Romero Pereira

 No IES Monte Neme de Carballo tivemos a sorte de contar estes días coa súa presenza para a realización dun mural con información sobre mulleres referentes na música local. É un proxecto artístico presencial e virtual pensado para xente moza, que consiste na creación de diferentes murais de pequeno formato espallados en diferentes IES e CPIs da provincia da Coruña. O obxectivo é familiarizar ás novas xeracións coas mulleres referentes da nosa música. 

No noso caso, o mural conta con Lupe Blanco, Mara Pérez, María Costa, Antía Ameixeiras, Inés Blanco e Rosalía Fernández Rial.


Mandadiño do Meco

ATENCIÓN RAPAZADA! Estamos ás portas do antroido, polo tanto publicamos o Mandadiño do Meco do IES Monte Neme para que todo o alumnado se vaia vestindo luns, martes, mércores, xoves e venres tal e como se indica na publicación. Sede antroideir@s!

Visita de 2° de CM de Xestión Administrativa e o 2° de CS de Administración e Finanzas a Servicio Móbil

O pasado mércores o alumnado de 2° de CM de Xestión Administrativa e o 2° de CS de Administración e Finanzas, visitou as instalacións de Negreira de Servicio Móbil, unha empresa con capital 100% galego adicada fundamentalmente a prestar servizos de loxística no Sergas. A visita foi un éxito! Ata Noelia e Martín, dous alumnos de ciclo superior, se atreveron a facer un pedido!

Distribuir contido


by Dr. Radut