Skip to Content

biblioneme.doc

O Proxecto da nosa Biblioteca.

BIBLIONEME

Consulta as novidades de Biblioneme en          <http://animacionlectura.blogspot.com/>.

Letras Galegas 2023

Este ano dedícase o Día das Letras Galegas a Francisco Fernández del Riego, membro dunha xeración de intelectuais que deron continuidade ao ideario do Grupo Nós. Loitador cultural incansábel que chegou a converterse nunha auténtica institución do país.

 

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Monte Neme, xunto coa Biblioteca do centro, quixeron afondar na actividade do homenaxeado a través da carteleira exposta no recibidor do instituto. Partíndomos da análise do seu traballo, o alumnado reflexionará sobre a importancia que ten a dinamización cultural e política para garantir o porvir do noso pobo.

 

Obradoiro de Haikus

Agradécese o traballo do alumnado de 4º ESO e ao profesor de Lingua Galega Aleixo Torres.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut