CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA 2015-2016

CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA

Axuntamos as condicións para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros públicos non universitarios.

O prazo para a entrega de solicitudes comeza o día 1 de xullo e remata o 15 de xullo de 2015. Pódense entregar na secretaría deste centro en horario de mañá (9.00-14.00 h.) ou ben remitilas por correo á dirección: IES Monte da Vila, Bouzas 22, apartado de correos 88, O Grove 36980 (Pontevedra).

Cómpre entregar as solicitudes nun sobre pechado que será aberto publicamente o xoves día 16 de xullo ás 11.00 horas. Unha vez abertos, a dirección do centro educativo realizará un informe no que valorará as ofertas presentadas en base aos criterios sinalados nas instrucións, de xeito que clasificará as proposicións presentadas por orden decrecente, e requirirá ao licitador que teña presentada a oferta clasificada en primeiro lugar a documentación pertinente.

Para acceder a toda a información premede nos seguintes enlaces:

- Instrucións.

- Canon mínimo do IES Monte da Vila.

 

- Anexo IV (inventario).

- Valoración final das propostas presentadas.