Actividade de Escape en Vivo

Esta actividade foi realizada polos alumnos de 4º de ESO con materia optativa francés. Levouse a cabo o martes 3 de maio en Pontevedra, e participaron nela un total de 11 alumnos. O obxectivo da actividade era resolver un problema en equipo, recibindo pistas orais en francés.

A actividade organizouse en dous grupos, un de 5 persoas e outro de 6. Tiñan un total de 60 minutos para resolver o enigma. Un equipo conseguiuno, precisando de 55 minutos e 38 segundos, mentres que o outro equipo non o conseguiu, aínda que rematou por resolver o enigma nun total de 62 minutos e 21 segundos.

Os alumnos quedaron moi contentos coa actividade e déronse conta da importancia de traballar en equipo, escoitarse mutuamente e axudarse. En canto á parte lingüística tamén foi satisfactoria, xa que normalmente cando escoitan francés teñen diante á persoa que fala (a profesora) e neste caso falábaselles dende fóra da habitación. A dificultade neste caso era que só escoitaban e ademais a voz estaba un pouco distorsionada, pero aínda así entenderon o que se lles dicía.

 

Galería de imaxes