Roteiro Castelao e visita ao Museo de Pontevedra (2º ESO)

O 23 de novembro o alumnado de 2º ESO realizou unha saída a Pontevedra, organizada polos departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá.

Durante a xornada, pasearon pola cidade seguindo os pasos da vida de Castelao, nun roteiro literario. Tamén desfrutaron dunha visita guiada pola Sala castelao do Museo de Pontevedra, para achegarse á obra gráfica deste autor.

Alumnado de 2ESO en Pontevedra

Sala Castelao

25N, Contra a Violencia de Xénero

O pasado día 25 de novembro conmemorouse o Día Internacional de Eliminación da Violencia contra a Muller. 

No noso centro inspirámonos nas instalacións reivindicativas da artista mexicana Elina Chauvet para denunciar a violencia exercida contra as mulleres. Para Chauvet, cada par de zapatos vermellos simboliza unha vítima de feminicidio.

Coas aportacións dos membros da comunidade educativa, montamos a nosa propia instalación na entrada do centro, coa finalidade de concienciar e educar sobre este problema social: 

 

 

Ademais, o alumnado de 1º Bacharelato da modalidade de Artes elaborou un mural para o segundo andar do instituto:

Eleccións ao consello escolar

Prezadas familias, facendo click na imaxe, poden atopar a información sobre as candidaturas do seu sector e a data e horario de votacións.

 

 

Samaín 2022

No IES Monte da Vila a celebración do Samaín comezou co II Certame de Microrrelatos, dentro do VI Festival Montenegro de Arte e Novela Negra. Nesta ocasión os participantes escribiron microrrelatos de terror, que podes ler aquí.

Queda moi pouco para coñecer aos gañadores/as do concurso!

 

 

Ademais, o venres 28 de outubro o Equipo da Biblioteca organizou unha lectura colectiva dos relatos participantes. No blog da Biblioteca podes comprobar o medo que pasamos...

 

E tamén houbo un concurso de decoración de portas de aulas!

 

Xornada sobre o patrimonio do Grove: Adro Vello (19/11/22)

 

O próximo 19 de novembro terá lugar na Casa da Cultura Lueiro Rey unha xornada sobre o patrimonio histórico e arqueolóxico do Grove, arredor do xacemento de Adro Vello.

O encontro contará coa presenza de antropólogos, historiadores e conservadores, e está organizado por institucións coma a Universidade de Vigo, o Concello do Grove e a Asociación Cultural Barlovento.

Pódese atopar máis información na seguinte ligazón.

Visita á exposición "This is Pop" (1º e 2º de Bacharelato de Artes)

O pasado venres 14 de outubro, o alumnado das materias de Historia da Arte, Debuxo Artístico e Volume visitou a exposición “This is Pop” no Café Moderno de Pontevedra. A saída foi organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e Debuxo.

A mostra "This is Pop" é unha colección de arte composta por máis de sesenta obras orixinais de figuras tan recoñecidas coma Andy Warhol, Yayoi Kusama, Roy Lichtenstein, Jeff Koons ou Damien Hirst, que o alumnado coñeceu da man das guías da Sede Afundación.

Despois da visita guiada, o alumnado participou nun obradoiro creativo. A través da ferramenta MakeCode e as placas MicroBit, aprendeu a programar o encendido dunha serie de LEDs que iluminase os seus propios deseños. Desta forma sinxela, o alumnado de Artes puido familiarizarse con técnicas artísticas actuais herdeiras da arte pop, coma a robótica aplicada ou o videomapping.

 

Charla sobre trasplantes e doazón de órganos (3º ESO)

Alumnado de 3º ESO escoitando atentamente

A última semana de setembro, o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou unha charla sobre trasplantes e doazón de órganos para o alumnado de Bioloxía de 3º da ESO. Marta, enfermeira da Organización Nacional de Trasplantes, acudiu ao centro con Dolores, unha paciente trasplantada que relatou a súa experiencia persoal. Durante dúas sesións explicáronlle ao alumnado o funcionamento do proceso, conseguindo conciencialo e sensibilizalo ante un tema tan importante:

O 30 de setembro ás 09:35 acompañounos na clase de Bioloxía e Xeoloxía, da man da profesora Aránzazu Fernández Rodríguez, a Organización Nacional de Trasplantes. Concretamente estivemos cunha enfermeira chamada Marta, a cal explicounos a importancia dos trasplantes e de ser doantes, dando así unha nova vida a outras persoas. Contounos como ser doante en vida, que órganos doar e como é o proceso dende que unha persoa doa un órgano ata que outra o recibe.

Tamés nos acompañou este día Dolores, que foi transplantada do fígado fai moitos anos e grazas a iso está aquí con nós. Aprendimos moitas cousas gracias a elas.

Eu vou a doar. E ti, anímaste?

Aitana García Martínez (3ºESO-B)

 

VI Festival Montenegro

 

 

VI Festival Montenegro

Xa está aquí a sexta edición do noso Festival Montenegro de Arte e Novela Negra, que comeza co II Certame de Microrrelatos Montenegro.

Podes atopar toda a información sobre o festival pulsando na imaxe inferior.

 

 

Distribuir contido