Navegando polo Universo: visita ao planetario

O pasado mércores, 27 de outubro, o alumnado de 1º ESO (Bioloxía e Xeoloxía) e 4º ESO (Cultura científica) participou na actividade "Navegando polo Universo", organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Tratouse dunha visita a un planetario móbil, instalado no pavillón municipal. Nel proxectáronse imaxes reais tanto da superficie da Terra como da saída da atmosfera cara o espazo exterior como se fósemos nunha nave espacial. Dentro desa viaxe describíronse os primeiros intentos da humanidade por coñecer o cosmos, e como hoxe en día podemos ver como é por medio dos satélites e sondas. Mostráronnos como é os sistema solar, o Sol e as súas características, e tamén os seus principais deste sistema, así como os movementos da Terra (rotación e translación) que xeran os días e as noites e as estacións respectivamente, e finalmente os movementos da Lúa e a súa influenza sobre a vida na Terra.

 

Alumnado de 1º ESO

 

Vista do interior do planetario

 Alumnado de 4º ESO

 

 

 

Reparto de libros de texto

  • Libros de texto do centro: o reparto de libros de texto da ESO farase entre o xoves 16 e o venres 17. Organizarano os departamentos e farase dentro do horario lectivo.
  • Libros de texto da ANPA: o reparto de libros de texto da ESO e Bacharelato farase o luns 20 pola tarde, a partir das 16:30.

INFORMACIÓN COMEZO DE CURSO 2021-2022

NOTA: O alumnado de SMR tamén empeza o mércores 15

Recollida de vales de material escolar

Xa están dispoñibles na secretaría do centro os vales de material escolar para o vindeiro curso 2021/2022.

A listaxe das axudas concedidas e denegadas está dispoñible no taboleiro da secretaría.

Exames finais e pendentes de ESO, BAC e Ciclos_2022_23

A información de materias pendentes foi actualizada o 27/10/22 ás 20:45.

A información de exames finais foi actualizada o 24/05/23.

Fotos dos grupos 2021

As fotos dos grupos dos distintos cursos do centro. Preme a foto de abaixo para ver as imaxes.

Tamén podes ver as fotos dos grupos na galería de imaxes.

Álbum: Estes somos nós -> fotos dos grupos 2021
Distribuir contido