Benvidos a este novo curso no que nos acompañaremos, esperemos que ata xuño, na aula de TICs e a través desta aula virtual. Resulta evidente que as TICs  teñen un protagonismo grande na nosa sociedade e desde a escola desexamos integrar a nova cultura dixital de forma que nos permita manexar as novas tecnoloxías como material didáctico, fonte de información, e  instrumento para realizar traballos, proxectos e poder compartilos co resto da comunidade escolar e si é necesario con distintos sectores da sociedade.  

Con esta materia non so queremos transmitir coñecementos, aínda que estes sexan necesarios; senón que ademais, procuraremos traballar as destrezas necesarias para adquirir  unha actitude sanamente crítica ante ás TICs. É dicir, saber distinguir en que nos axudan e en que nos limitan, para poder actuar en consecuencia.

Procuraremos  disfrutar da aprendizaxe mediante moitas prácticas que se adapten aos contidos á vez que aprendemos a xestionar a información e a interrelación entre nós e a sociedade. Xa decía Albert Einstein   "A aprendizaxe é experiencia, todo o demáis é información"...a practicar moito pois!!