CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO
Versión para impresora
Co lema "Máis libros, máis libres", o día 22 de abril, data de pasamento de Miguel de Cervantes, o noso instituto uniuse ás numerosas celebracións do día do libro. Todo o mundo que quixo participar congregouse no 2º recreo no portal de entrada co seu libro favorito . En canto soou o timbre comezaron a ler todos xuntos. Unha experiencia colectiva para celebrar o día dedicado aos libros e á lectura.
23 de abril. Día do Libro: "Máis libros, máis libres"