Skip to Content

RUTA CASTELAO 2016

Versión para impresoraVersión para impresora

O DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA ORGANIZA UNHA VISITA AO MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA.

Desde o ano pasado, 2015, celébrase o Día das artes o primeiro de abril. Na primeira conmemoración lembrouse a figura do Mestre Mateo; este ano o artista homenaxeado é A. Daniel Rodríguez Castelao.

A cidade de Pontevedra estivo sempre moi vencellada ao artista. Aquí chegou no 1916 como funcionario do Corpo de Estatística. É por iso que no Museo Provincial se uniron á festa da arte coa exposición 100 anos de Castelao en Pontevedra.

VER GALERÍA DE IMAXES

Nós acudimos co alunado de 1º e 4º ESO convidados polo concello de Vilagarcía de Arousa. Pasamos revista á produción artística de entre 1905 e 1920. A obra máis antiga é unha acuarela que asina co nome de Daniel Rodríguez C.; desde 1908 en todos os seus traballos a única sinatura é simplemente Castelao.

Puidemos ver obras de gran formato (A tentación de Colombina), pequenos debuxos e bosquexos xunto a autoretratos utilizando diversas técnicas, soportes e formatos, dependendo do cometido para o que foran pensados.



story | by Dr. Radut