Skip to Content

ATLANTIS, A CIENCIA DO MITO

Versión para impresoraVersión para impresora

Un éxito a Xornada Divulgativa Medioambiental 2017.

Profesorado e alumnado de Bacharelato disfrutaron coa nova proposta do xornalista galego da Costa da Morte Emilio Varela. Por quinta vez ma última década achegouse ata o I.E.S. do Carril para presentarnos o seu último traballo centrado xeograficamente no Mediterráneo.

Conferencia, documental e coloquio encheron máis de tres horas intensas de contidos complexos e completos tentando relacionar todos os aspectos que a propria realidade amosa. Pero é tanta a paixón coa que fala e a enerxía que transmite que o tempo pasou axiña.

Este Atlantis, a ciencia do mito levounos polo Parque Nacional do Vesubio e a traxedia pompeiana ata a xoia xeolóxica da illa de Thera, no Exeo e o Parque Nacional Nea Kameni. Falounos da meirande catástrofe natural vivida polo mundo antigo: a erupción de Santorini. Lembrounos a cidade perdida de Akrotiri e a cultura minóica.

Pero Emilio nunca abandona o seu compromiso de divulgar as desfeitas medioambientais e por iso presentou o mar Mediterráneo como o espazo mariño máis ameazado do Planeta. O seu obxectivo, así como o do Departamento de Bioloxía nestes trinta anos é formar un alumnado crítico e convencido da necesidade de conservar o Planeta como o que é, a casa de todos os seres vivos e por tanto tamén nosa. Con este empeño traballou sempre o profesor Manuel Chouza, ao que lle dedicamos esta xornada como agasallo pola súa próxima xubilación.

Un coloquio e unha foto de grupo remataron este acto nunha mañá moi proveitosa do 24 de xaneiro de 2017.



story | by Dr. Radut