Skip to Content

ACTOS DO DÍA DA MULLER

Versión para impresoraVersión para impresora

Bibliomalveiras acolleu este mércores 8 de marzo de 2017  esta performance do alumnado de Música e Artes Escénicas a prol da muller e do seu legado en moitos casos menosprezado e case esquecido.

Testemuña desta homenaxe é a árbore chea de follas con reseñas da vida e obra de mulleres extraordinarias que todo o mundo pode ver e consultar en Bibliomalveiras.

Outra das iniciativas deste día foi a colocación nas escaleiras de fotocopias coas vidas de 100 mulleres galegas, unha publicación que a Xunta puxo á disposición de todo o mundo e que é un documento interesante para toda a sociedade galega.

Outra das catividades promovidas por Bibliomalveiras foi a participación de todo o alumnado nun concurso sobre mulleres excelentes en diferentes campos como a ciencia, as artes, a educación, a literatura, etc. O alumnado participou moi activamente no mesmo.

Ademais diso o noso centro educativo sumouse á iniciativa de gardar uns minutos de silencio polas 21 mulleres asasinadas a causa da violencia machista no que vai de ano. Unha alumna do centro leu un comunicado ao que todo o mundo pode expresar o seu acordo asinando nos taboleiros situados na entrada principal do instituto.

Para coñecer en detalle  estas e outras inciativas levadas a cabo no día da muller visitade o blog de Bibliomalveiras.



story | by Dr. Radut