Skip to Content

2018-19

MONÓLOGO DE NIEVES RODRIGUEZ NO AUDITORIO

Foto de Santi M. Amil para La voz de Galicia

O alumnado de 4ºESO e de 1º Bacharelato asistíu no auditorio de Vilagarcía á representación de Metamorfose, un monólogo de Nieves Rodriguez, no marco do programa Violencia Zero para estudantes do ensino secundario. 

Para ler máis sobre esta nova na prensa podes ler isto ou isto.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

CHARLA SOBRE DOAZÓNS E TRANSPLANTES

Hoxe foi a charla sobre doazón e transplantes para o alumnado do ciclo superior e máis o de Bioloxía e Xeoloxía na asignatura de CUCI.
Cada dous anos, dous traballadores de Montecelo, un mèdico e unha enfermeira,veñen ao noso instituto a explicar cal e a sua función na Oficina de Coordinación de Trasplantes . Esta oficina encargase da detecciòn dos posibles doantes de órganos e de tecidos e das alertas á organizaciòn nacional cando a familia autoriza a extracción. A finalidade é poñer en marcha todos e cada uns dos equipos que interveñen na extracciòn de órganos para que esta se realice no menor tempo e coas menores complicacións posibles. Saber máis sobre doazósn e transplantes.
Como sempre, dende hai anos, a charla foi moi entretenida e motivante. Mayte e  Emilio Arruti , grazas pola vosa contribución para lograr o obxectivo de concienciar a toda a poboación, neste caso ao noso alumnado, deste xesto tan importante para todo o mundo.
VER ALBUM DE FOTOS

IMPORTANTE: REUNIÓNS DO MÉRCORES 17 DE OUTUBRO

AVISO IMPORTANTE

O mércores 17 de outubro hai convocadas 3 reunións diferentes. Terán unha duración aproximada de 30 minutos e celebraranse na biblioteca do centro no horario seguinte:

  • 17H30___Reunión coas familias de 4ºESO
  • 18H15___Reunión ANPA
  • 19H00___Reunión coas familias de 2ºESO e de 3ºESO

O TSAAFD FAI A RUTA DA PEDRA E DA AUGA

O alumnado de primeiro e segundo do ciclo superior fixo o 9 de outubro a Ruta da pedra e da auga. Esta foi a primeira toma contacto entre o gran grupo. Uns xogos de coñecemento na natureza axudaron a conseguilo. Velaí unhas imaxes e vídeos desta actividade.

VER ALBUM DE FOTOS

DI_CAPACITADOS . Y si te dijeran que puedes?

O alumnado de 2º curso do Ciclo Superior foi o dia 27 de setembro ao auditorio municipal de Vilagarcia para ver o documental. DI_CAPACITADOS . Y si te dijeran que puedes?  dirixido por Sebastián Alvaro , creador do programa Al filo de lo imposible. O interese deste traballo era para o módulo  de Actividades físicas para persoas con discapacidade xa que estaba representando á Asociacion LAR, asociación pro saúde mental. 

O grupo fixo unha foto con Sebastián Álvaro.

Preme na imaxe para ampliala

AVISO IMPORTANTE PARA 1ºESO: ENGLISH WEEK

 O noso centro foi seleccionado para participar no programa de inmersión lingüḯstica English Week, dirixida ao alumnado de 1ºESO, organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o ano 2018 (Orde do 18 de maio publicada no DOGA do 7 de xuño).

Esta actividade celebrarase nos Peares dende o domingo 28 de outubro ata o sábado 3 de novembro, ambos os dous incluídos. É totalmente gratuita ainda que as familias terán que se ocupar do traslado da súa filla ou do seu fillo. Esta oferta é para un máximo de 25 alumnas e alumnos.

O mércores 3 de outubro entre as 16:45 e as 17:30 poderase anotar ou informase no despacho de Dirección todo o alumnado interesado na actividade. Se o número de interesados superara o número de praza disponibles seleccionaranse os 25 primeiros anotados.

IMPORTANTE:

Terán prioridade aquelas persoas que non disfrutaron desta actividade o ano pasado.

 

CURSO DE INCLUSIÓN SOCIAL

O Centro de Formación do Profesorado (CEFORE) de Pontevedra iniciou o curso Estratexias para unha escola inclusiva e a atención á diversidade. Nel participan o xoves 27 de setembro dous profesores do IES Miguel Ángel González Estévez en calidade de relatores: Conchi Pérez e Luís Garrigós. O seu proxecto Marzo sen Fronteirasque xa recibíu un premio da Unión Europea, é un exemplo práctico de inclusión social de rapaces e rapazas con discapacidades psíquicas. Este é o cartaz co programa deste curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut