Skip to Content

2021-22

INFORMACIÓN FIN DE CURSO PARA O ALUMNADO

Para ler as informacións de fin de curso fai clic no teu nivel.

         

RUTA DOS FAROS PARA O ALUMNADO DO CICLO E O DE 4ºESO

O martes día 3 de maio, o alumnado de 4º da ESO e máis o de 1º do ciclo técnico superior de AF realizaron parte dunha das rutas dos faros, a que vai dende Laxe a Camelle.

Unha ruta de aproximadamente 16 km para desfrutar da natureza e das fermosas vistas que temos nas nosas costas! Bonita experiencia!

Ademais toda a rapazada foi quen de realizar todo o percorrido!

Ver o album de fotos da xornada
 

RECLAMACIÓNS 2ºBACH

OLIMPIADA GALEGA DE MATEMÁTICAS

O pasado xoves día 21 de abril tivo lugar en Pontevedra, no IES A Xunqueira 1, a fase de zona da Olimpiada Galega de Matemáticas para o alumnado de 2ºESO.
Do noso centro participaron @s seguintes alumn@s:

          Pablo Dasilva Gómez
          Mar Ameneiro Franco
          Joel Durán Mazorra
          Estela Tubío García.

A proba consistía en resolver cinco problemas, usando o razonamento e máis os contidos traballados na clase. O alumnado desfrutou moito desta experiencia, na que recibiron un diploma pola súa participación. Ben feito!!

Ver album de imaxes

DÍA DO LIBRO 2022

O alumnado de 1ºESO e 2ºESO xunto coa súa profesora de Lingua Galega, María Roma,  organizou unha exposición con motivo do Día do libro. Acompañando á foto da portada dos seus libros favoritos, cada alumno escribiu un pequeno resumo dos mesmos.

VER EXPOSICIÓN

VISITA A SANTIAGO DO ALUMNADO DE ARTES

Excursión a Santiago o 21 de abril para visitar parte do casco histórico e mercado de abastos de Santiago,o museo de arte contemporánea, CGAC ao que pertencen estas imaxes, e a Catedral.
O alumnado demostrou moito interés en todas os lugares visitados. Aprendimos a observar, e a xogar cos coñecementos que aprendimos na aula. Unha experiencia para repetir o próximo curso!

Ver o album de fotos da visita ao CGAC

CONCURSO DE CALIGRAMAS PARA CELEBRAR O DÍA DA POESÍA


1ºPremio:

Mortadelo e Filemón (o número 78) de Raúl Otero Diz 3ºESO C

2º Premio:

O número 32. Alba López González 1ºBAC C

3º Premio:

O número 69. Sandra Otero Fernández. 3ºESOB

Accesit:  

  •    O espello de Paula Ríos García de 1ºBAC C.
  •    O libro de Mariña Alonso Beloso 2ºESO B.
  •    Bob Espoja de Brais Lorenzo Iglesias. 3ºESO C.                  Ver os traballos premiados
  •    O corazón de Laura García Andújar de 3ºESO B.
  •    A rosa de Lucía Rodríguez Couto de 3ºESO A.

LES FÊTES MAROCAINES ET ARABES

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE HAIKUS

Hoxe, día 30 de marzo de 2022, tivo lugar a entrega de premios do concurso de haikus para celebrar o Día da poesía co noso alumnado de 2ºESO, 3º ESO e 4ºESO no 2º trimestre. Un haiku é un tipo de poesía xaponesa que ten tres versos de cinco, sete e cinco sílabas, respectivamente.

Aqui temos o cadro de gañadores do concurso.  Parabéns para todas/os !

 Clic aquí para ver o álbum
1º premio 2º premio

Iria Torres Loureiro 2ºESO B

Mariña Alonso Beloso 2ºESO B

Xiyao Hu Zhu 2ºESO A

Yago Bouzada Sobrino 2ºESO A

Noa Santiago Falcón 4ºESO C

Alicia García Ramallal 4ºESO C

Distribuir contido


by Dr. Radut