Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO SELECCIONADO EN AXUDASLE

Publicouse o listado provisional de alumnado de Bacharelato que foi seleccionado para participar en actividades formativas en linguas estranxeiras.

Pódese consultar os listados e tamén a lista de persoas que precisan achegar documentación no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/axudasle

O prazo para á entrega da documentación solicitada remata o 8 de maio

BOLSAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e deportes ven de publicar a convocatoria de bolsas de axuda para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Pode solicitar estas bolsas o alumnado que presenten algunha discapacidade, trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe, trastorno de aspecto autista ou altas capacidades.

O prazo de presentación é do 30 de abril ao 13 de setembro.

Para máis información poden poñerse en contacto co departamento de orientación do centro ou no seguinte enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 

MATRICULA ANTICIPADA ABAU 2024

O prazo para a matrícula anticipada para a convocatoría ordinaria da ABAU será do 2 ao 20 de maio.

Está convocatoria é para o alumnado que rematou o Bacharelato ou a FP de grado superior en cursos anteriores e desexe presentarse á ABAU, tanto por primeira vez, como para repetila e mellorar a nota.

A matrícula farase a través da aplicación NERTA:https://www.edu.xunta.gal/nerta/

Para máis información: https://ciug.gal/PDF/ABAU2024/convocatoria_abau.pdf

Tamén poden preguntar chamando ao IES Ordes ou a través do noso correo electrónico.

TESOUROS REAIS (Museo Centro Gaiás)

18 de abril. Alumnado de Relixión de 3º de ESO desprazouse ata Santiago de Compostela nunha visita didáctica á exposición “Tesouros Reais”.

 

Donación de material por parte de Talleres Prado e Granado

Moitas grazas Talleres Prado e Granado por donar todo o material que vedes na foto ao Departamento de Automoción do IES Ordes. O noso alumnado fará bo uso del. Moi contentos e agradecidos!

ORGULLOSOS DO NOSO: Abril Viqueira Pose

PARABÉNS! a nosa alumna Abril Viqueira Pose de 2º Bacrarelato de Ciencias e Tecnoloxía, que foi premiada cun accésit na modalidade de narración dos Premios Literarios Minerva.

ORGULLOSOS DO NOSO: Abril Viqueira Pose

Masterclass Internacional de Computación Cuántica na sede do CESGA

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) ofreceu este venres 12 de abril de 10.00 a 14.00 horas unha Masterclass Internacional de Computación Cuántica na sede do CESGA, na que participou alumnado de Bacharelato de centros educativos de Santiago e a súa contorna.

Alexandru Gabriel Cocean e Christian Varela Docampo foron os afortunados do IES Ordes en participar nesta actividade, xunto co profesor Manuel del Río. Mirade coma desfrutaron!

LICITACIÓN DO SERVIZO DE CAFETERÍA DO IES ORDES

Aberto o prazo para presentar ofertas ao contrato de concesión do servizo da cafetería do IES Ordes.

Prazo desde o día 25 de marzo ata o 22 de abril ás 14:00 horas.

Máis información nos arquivos anexos e no seguinte enlace:

https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=50&N=822258&lang=gl

BOLSAS DO MINISTERIO PARA O CURSO 24/25

PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES: do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut